Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Club Atletismo Carballo

Club Atletismo Carballo
Tipoclub de atletismo
Deporteatletismo
Data de fundación2013
SedeCarballo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Club Atletismo Carballo é un club de atletismo da localidade de Carballo, Galiza. Fundado en 2013, a súa presidenta dende a súa fundación é Ascensión Vázquez Bertoa.[1]

Historia

O club foi fundado en 2013 para impulsar o atletismo na capital de Bergantiños, modalidade representada daquela unicamente polos Muditos, e anteriormente pola sección AD Xiria, que non chegaría ter un longo percorrido.[2][3] A presentación da entidade tivo lugar o 10 de outubro dese mesmo ano na casa do concello nun acto presidido polo daquela alcalde Evencio Ferrero Rodríguez. Nos seus inicios contou tan só con 10 deportistas que realizaban as súas actividades nas instalacións do recinto deportivo do colexio San Luis Romero, o parque do Chorís e as instalacións do Grupo Calvo, con Pepe Domínguez como responsable da área técnica.[2][3]

En 2018 o club estivo a piques de desaparecer pola falta dun corpo técnico especializado. Finalmente o acordo de colaboración co Club Atletismo Riazor da Coruña asinado en 2017 posibilitou que a entidade carballesa saíra á competición unha tempada máis, ao garantir a institución coruñesa a presenza dalgunha persoa do seu corpo técnio en Carballo se ningunha outra persoa asimía a praza vacante.[4]

Notas

  1. "Clubs. Club Atletismo Carballo". Federación Galega de Atletismo. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Longueira, Toni (5 de decembro de 2013). "Atletismo Carballo, la última pieza del puzle del deporte local". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "El club de atletismo de Carballo salda una deuda histórica". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  4. "El Club Atletismo Carballo evita la desaparición". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya