Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Club Santo Domingo Betanzos

Santo Domingo Betanzos
Información xeral
Liga Liga EBA
Fundación 1983
Cores      Branco
Presidente Galicia José María Valeiro
Adestrador Galicia Xoel Folgueiras Arias
Localización
Cidade Galicia Betanzox
Pavillón Polideportivo municipal de Betanzos
santodomingobetanzos.com

O Club Santo Domingo Betanzos é un equipo de baloncesto galego, con sede en Betanzos, que compite na Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español.

Historia

Foi fundado en 1983 por iniciativa do entón párroco da igrexa de San Domingos de Betanzos.[1] Nos seus primeiros anos carecía dun campo estable no que desenvolver a súa actividade, ata que tres anos despois, en 1986, inauguráronse as instalacións deportivas do Carregal, en cuxo centro deportivo (de titularidade municipal) xoga os seus partidos como equipo local.

A entidade estivo preto da súa desaparición na primeira década do século XXI, pero foi capaz de superar os seus problemas económicos e dende entón conta con nutridas categorías inferiores, tanto masculinas como femininas, e con máis de 200 licenzas federativas. O primeiro equipo participa ininterrompidamente no grupo A-B da Liga EBA dende a tempada 2013/14.[2]

Traxectoria

Tempada División Pos. Postempada Copa
2011–12 Primeira División 6
2012–13 Primeira División 2 Ascenso
2013-14 Liga EBA 8
2014–15 Liga EBA 13
2015–16 Liga EBA 11
2016–17 Liga EBA 7
2017–18 Liga EBA 5
2018–19 Liga EBA 11
2019–20 Liga EBA 8 Suspendida
2020–21 Liga EBA

Notas

  1. "Quiénes somos". santodomingobetanzos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  2. "El Santo Domingo tienta a la EBA". La Voz de Galicia. 10 de maio de 2013. Consultado o 1 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya