Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Colexio de San Clemente

Colexio de San Clemente
Colexio de San Clemente
Edificio
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′40″N 8°32′48″O / 42.877777777778, -8.5466666666667
Uso(s)IES Rosalía de Castro
editar datos en Wikidata ]
Portada

O Colexio de San Clemente de Pasantes é un edificio civil de inicios do século XVII, localizado en Santiago de Compostela, nas inmediacións da Porta Faxeira e do lado norte do Parque da Ferradura. Actualmente acolle o IES Rosalía de Castro, e anteriormente foi o instituto feminino.

Historia

Foi fundado polo arcebispo Juan de Sanclemente, en 1601, para Pasantes ou Graduados, a fin de que puidesen ampliar estudos aqueles que remataran a carreira; aínda que non iniciou as súas funcións até 1630. Desde os primeiros momentos, a aparición deste novo colexio, despertou a animadversión do de Fonseca. As disputas entre ambos polo título de único colexio maior de Santiago foron presentadas perante a xustiza real, e só, en 1730, un decreto do rei Filipe V coutou a desavinza ao conceder o título de "maior" exclusivamente a Fonseca. O Colexio de San Clemente desapareceu como tal en 1809.

A obra debeu ser encargada a Ginés Martínez, segundo aduciu Bonet Correa, e foi executada entre 1607 e 1609 por Xácome Fernández e mais Leonel de Avalle, estando Martínez xa ausente de Santiago, en estilo maneirista. O lugar onde se ergueu formaba parte naquela altura da carballeira de Santa Susana, estando por iso fóra do casco urbano compostelán. A porta máis próxima sería a devandita Faxeira.

Descrición

Martínez adoptou un plano rectangular, con patio central, levantando unha edificación, de dous corpos en altura, sobria de liñas rectas, que só rompe na portada, artellada de xeito similar á do Colexio de Fonseca -o que debeu constituír un consello do comitente-, mais con menos elementos decorativos, seguido unha organización de tipo arco de triunfo, máis con uso de elementos clasicistas: nichos coroados por frontonciños, ou con semibóvedas; columnas clasicistas nos laterais; frontón triangular que remata o conxunto. Porén o uso de pedestais e zapatas, arquitrabes e cornixas salientes, outorga certa mobilidade e xogos de sombras, que son máis característicos do maneirismo.

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya