A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.
Demografía
A comarca de Viana tiña 5.591 habitantes en 2020. É unha área de forte envellecemento, pois en 2020 o 39,53 % da poboación (2.210 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 404 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 7,23 %. En 2020 rexistrou 18 nacementos e 128 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -110. A idade media ascendía a 55,62 anos en 2020.[1]