Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Convair B-58 Hustler

Convair B-58 Hustler
Tipobombardeiro estratéxico supersónico
FabricanteConvair
Primeiro voo11 de novembro de 1956
Introducido15 de marzo de 1960
Retirado31 de xaneiro de 1970
Principais usuariosUSAF
Unidades construídas116

O Convair B-58 Hustler foi o primeiro bombardeiro operativo capaz de voar a Mach 2.[1] O Hustler foi deseñado e fabricado poa compañía estadounudense Convair.

O B-58 desenvolveuse durante os anos 50 para o Mando Aéreo Estratéxico (SAC) da USAF. Para acadar as altas velocidades desexadas, Convair elixiu un deseño en á en delta usado por cazas contemporáneos como o Convair F-102. O bombardeiro estaba impulsado por catro motores General Electric J79 en góndolas baixo as ás. O Hustler non tiña bodega de bombas: levaba unha única arma nuclear máis combustible nunha vaina baixo a fuselaxe. Posteriormente engadíronselle catro soportes externos, permitíndolle levar ata cinco armas.

O B-58 entrou en servizo en marzo de 1960, e voou durante unha década con dúas unidades do SAC: a 43ª Á de Bombardeo e a 305ª Á de Bombardeo.[2] Era considerado difícil de voar, impoñendo unha gran carga de traballo aos seus tres tripulantes. Deseñado para substituír o bombardeiro estratéxico subsónico Boeing B-47 Stratojet, o B-58 fíxose famoso polo seu estoupido sónico escoitado en terra pola xente cando pasaba en voo supersónico.[3]

O B-58 foi deseñado para voar a grande altura e a velocidade supersónica para evitar aos interceptores soviéticos. Pero coa introdución de mísiles terra-aire soviéticos de grande altura, o B-58 viuse forzado a adoptar un rol de penetración a baixa cota que limitou gravemente o seu alcance e valor estratéxico. Nunca foi usado para lanzar bombas convencionais. O B-58 era substancialmente máis caro de operar que outros bombardeiros, como o Boeing B-52 Stratofortress, e precisaba repostaxe aérea máis frecuente. O B-58 tamén sufriu unha alta taxa de perdas en accidentes. Estes factores fixeron nunha carreira operativa de tn só dez anos. O B-58 foi sucedido no seu rol polo máis pequeno avión de xeometría variable FB-111A.[4]

Notas

  1. Wilson 2000, p. 38
  2. Martin, Douglas (2011-07-02). "Robert H. Widmer, Designer of Military Aircraft, Dies at 95". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-05-08. 
  3. "B-58's Sonic Boom Rattles Kentuckians". Chicago Daily Tribune. 1961-12-19
  4. Morrison, David C. (febreiro de 1984). "The Weapons Tutorial: Air-Breathing Nuclear Delivery Systems". Bulletin of the Atomic Scientists. 40 (2): 34.

Bibliografía

  • Wilson, Stewart. Combat Aircraft since 1945. Fyshwick, ACT, Australia: Aerospace Publications Pty Ltd, 2000, p. 38. ISBN 1-875671-50-1.
Kembali kehalaman sebelumnya