Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Corrinoide

Anel de corrina, numerado segundo o estándar da IUPAC de 1975. Nótese que para que haxa coherencia co sistema de numeración da porfirina, non hai posición 20 (a porfirina ten un carbono máis). As posicións 21-24 eran numeradas como 20-23 na literatura científica anterior.[1]
Vitamina B12 (cianocobalamina).

Os corrinoides son un grupo de compostos baseados no esqueleto da corrina [2], un sistema cíclico que contén catro aneis pirrol (tetrapirrol) similar ás porfirinas. Entre estes compostos están os baseados na octadeshidrocorrina, que ten o nome común de corrol.[3]

As cobalaminas (vitamina B12) son os membros máis coñecidos deste grupo. Outros exemplos salientables son o ácido cobirínico e a súa hexaamida ácido cobírico (ou cobirinamida) [4]; e o ácido cobínico e a súa hexaamida cobinamida; e o ácido cobámico e a cobamida.

Os compostos que conteñen o prefixo "Cob-" (e non corrina) son derivados con cobalto, e poden incluír no seu nome o seu estado de oxidación en números romanos, como, por exemplo, "Cob(II)alamina". Cando o cobalto é substituído por outro metal ou por hidróxeno, o nome cambia en consecuencia; por exemplo, ácido ferrobámico (con ferro) ou ácido hidroxenobámico (con hidróxeno).

Notas

  1. Dorothy Crowfoot Hodgkin (1965-11-16). "The Structure of the Corrin Nucleus from X-ray Analysis". Proceedings of the Royal Society of London. Series A, Mathematical and Physical Sciences 288 (1414): 294–305. 
  2. IUPAC Gold book Corrinoid
  3. "The Nomenclature of Corrinoids: Recommendations 1975". IUPAC-IUB Commission on Biochemical Nomenclature (CBN). 1975. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 03 de abril de 2012. 
  4. Cobyric acid Definition Arquivado 02 de xuño de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya