Craig Patterson, nado en Gloucester o 7 de setembro de 1973 é un tradutor e investigador angloirlandés, especializado na cultura galega.
Traxectoria
Licenciado en Estudos Hispánicos na Universidade de Birmingham en 1996, e doutor en 2002 pola Universidade de Oxford coa tese Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo. Foi profesor nas universidades británicas de Oxford, Birmingham, Stirling e Cardiff, así como presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos entre 2009 e 2012. É membro correspondente da Real Academia Galega.
Ten colaborado en diversos medios (Vieiros, Praza Pública, Luzes, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial e A Trabe de Ouro), residindo na Coruña. Centrou a súa investigación en estudos galegos, deténdose especialmente na época da Xeración Nós e nas figuras de Ramón Otero Pedrayo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Exerce como profesor e tradutor.
Obra publicada
Ensaio
- Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo, 2006, Mellen.[1]
Traducións
- On a Bender (A esmorga), de Eduardo Blanco Amor, 2012, Planet.
- New York: Sky and Apple, de Francisco Xosé Fernández Naval, 2017.
- Forever in Galicia (Sempre en Galiza), de Castelao, 2018, Francis Boutle Publishers.[2]
- Home is Like a Different Time (A Veiga é como un tempo distinto), de Eva Moreda, 2019, Francis Boutle Publishers.
Traducións colectivas
- Things (Cousas), de Castelao, 2001, Planet.
Premios
- Premio English PEN Translates Award por Home is Like a Different Time en 2019.
- Premio Ostana (Scritture in lingua madre) polo seu traballo de tradución da literatura galega ao inglés, en 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas