Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Vieiros (xornal)

Vieiros
Logo
Tipoxornal en liña
Data de fundación24 de febreiro de 1996
Data de disolución24 de xuño de 2010
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Vieiros foi un portal galego de Internet que apareceu o 24 de febreiro de 1996 e pechou o 24 de xullo de 2010[1]. Foi o primeiro sitio privado en empregar a lingua galega na rede.[Cómpre referencia]

Historia

Na primavera de 1995 comezou o traballo de deseño e preparación e Vieiros, que tomou o nome da desaparecida revista do Padroado da Cultura Galega de México, viu a luz o 24 de febreiro de 1996, data que coincidía co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e da primeira emisión da Radio Galega.

Nun comezo era un índice de recursos de interese para Galicia, o que o converteu no primeiro directorio da rede galega. O directorio de rexistros deu o salto a Buscador en 1997, nacendo deste xeito o primeiro buscador galego.

Nun principio os recursos organizábanse de forma temática e tamén contiña a sección A Galería, na que se daba a coñecer a obra e biografía dos artistas galegos. Ademais realizáronse especiais como o do Día das letras galegas. No Nadal de 1996 comezou a súa andaina a sección informativa semanal Cousas, que en 1997 se converteu na páxina principal e xa con periodicidade diaria e incorpora un motor de busca, que foi o primeiro buscador galego e posteriormente aparecen edicións locais, charlas en liña.

Foi dirixido por Rocío Castro, Anxo Quintela (durante tres anos), María Yáñez (durante 10 meses en 2006) e Ramón Vilar Landeira (dende finais de outubro de 2006 ata o 24 de xullo de 2010).

Dende a súa creación o editor e propietario foi Lois Rodríguez.

O 24 de xullo de 2010, véspera do Día Nacional de Galicia a través dun editorial anúnciase o peche do portal debido a motivos económicos.

Vieiros é importante na historia da comunicación en Galicia por ser fundamentalmente un medio pioneiro en múltiplas iniciativas que logo se habían de espallar a outros medios. Entre elas salientan:

Notas

  1. Até sempre, Vieiros.com.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya