Henrique Monteagudo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Monteagudo .
Xosé Henrique Monteagudo Romero , nado na Insuela (Esteiro , Muros ) o 26 de novembro de 1959 , é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018[ 1] , membro numerario e vicesecretario da Real Academia Galega .[ 2]
Traxectoria
Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981 ) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982 . En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista , dirixida por Antón Santamarina [ 3] . Desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996 ) e na de Lisboa (1998 ). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998 . [ 4]
Foi un dos fundadores da revista Dorna. Expresión poética galega (1982). Forma parte do consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura desde 1988, e é o seu co-director desde 2003. Tamén é membro do consello de redacción da revista científica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC) e mais do Boletín da Real Academia Galega , e do comité editorial das publicacións Treballs de Sociolingüística Catalana, Gragoatá e LaborHistórico. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.[ 4]
O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega [ 5] , para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino . De 2013 a 2021 foi o Secretario da RAG e desde 2021 o seu Subsecretario.
Foi membro do partido político Compromiso por Galicia .
No eido persoal é irmán da alcaldesa de Muros , Inés Monteagudo Romero do PPdeG .
Publicacións destacadas
Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:
Ensaio
Sostendo un exemplar de As razóns do galego .
Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso D. Rodríguez Castelao e a tradición galeguista (1995 ). Vigo : Galaxia . Tese de doutoramento.
O son das ondas: Mendiño , Martín Codax , Johán de Cangas , xograres da beiramar (1998). Vigo: Galaxia.
Historia social da lingua galega (1999 ). Vigo: Galaxia. 576 páxs. ISBN 978-84-9151-048-2 .
Castelao: Defensa e ilustración do idioma galego (2000 ). Vigo: Galaxia. 280 páxs. ISBN 978-84-8288-390-8 .
O son das ondas. Mendiño , Martín Códax , Johán de Cangas (2001). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-8288-172-0 . Introdución básica, aínda que completa e sistemática, ó complexo fenómeno da lírica galego-portuguesa medieval.
Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca (2008). A Coruña : Fundación Barrié . 740 páxs. ISBN 978-84-95892-73-7 .
Alfonso R. Castelao (2008). Xunta de Galicia . ISBN 978-8445326701 .
As razóns do galego. Apelo á cidadanía (2009 ). Vigo: Galaxia. 230 páxs. ISBN 978-84-9865-227-7 .
A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII (2014 ). Noia : Editorial Toxosoutos . ISBN 9788494222498 .
Carlos Casares , un contador de historias. Vida e obra (2017 ). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-039-0 .
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito (2021). Vigo: Galaxia. 204 páxs. ISBN 978-84-9151-741-2 .
O idioma galego baixo o Franquismo. Da resistencia á normalización (2021). Vigo: Galaxia. 746 páxs. ISBN 978-84-9151-771-9 .[ 6] [ 7]
Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na linga e na cultura galegas (2024). Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-202-1 .
Erudición e ilustración. Estudos sobre Martín Sarmiento (2024). Santiago: Consello da Cultura Galega. 374 páxs. ISBN 978-84-17802-64-6 .
Edicións
Cancionero de Payo Gómez Chariño , de Armando Cotarelo Valledor (1984 ). Xunta de Galicia .
A romaría de Xelmírez , de Ramón Otero Pedrayo (1991 ). Vigo: Galaxia.
Antoloxía da prosa literaria galega medieval (1994 ). Tórculo Ed..
De viva voz Castelao: conferencias e discursos (1996). Fundación Castelao .
Os dous de sempre , de Castelao (2001). Vigo: Galaxia.
Catálogo de algunos libros curiosos y selectos, para la librería de algún particular , de Frei Martín Sarmiento (2002). Noia: Toxosoutos.
Cantigas de Santa María , de Afonso X o Sabio (2003). Santiago: Consello da Cultura Galega.
De historia natural y de todo género de erudición: obra de 660 pliegos , de Martín Sarmiento (2008). Santiago: Consello da Cultura Galega.
O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade: ensaios e artigos dispersos (1950 -1990 ) , de Ramón Piñeiro (2009). Vigo: Galaxia.
“En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez (2013 ). Xunta de Galicia
"Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro", xunto con María Xesús Lama (2014). Ed. Real Academia Galega .[ 8]
Irmandades da Fala : oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía (2016 ). Real Academia Galega.
Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos (2017). RAG e Fundación Barrié. ISBN 978-84-9752-154-3 .
Obras colectivas
A poesía lírica galego-portuguesa , de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
Contos da xustiza (1991 , Ir Indo).
Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia).[ 9]
A vida e o tempo de Diego Xelmírez , de R. A. Fletcher (1992 , Galaxia). Tradución con María Xesús Lama .
Follas novas , de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra .
Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
Diccionario da literatura galega. I. Autores , 1995 , Galaxia.
Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996 , Universidade de Santiago de Compostela).
Xesús Ferro Couselo. 1906 -1975 : unha fotobiografía (1996, Xerais ). Con Marcos Valcárcel , Xesús Alonso Montero e Ramón Villares .
Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997 , Galaxia).
Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
A lagarada . O desengano do prioiro , de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
Lingua COU (1999, Xerais).
Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
Galicia: unha luz no Atlántico (2001 , Xerais).
Elaboración e difusión da lingua (2002 , Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada .
A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
O proceso de normalización do idioma galego 1980 -2000 . Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada .
Sobre a lingua galega: antoloxía , de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
Homenaxe a don Paco del Riego , fillo adoptivo de Nigrán , 2003 , Edicións do Cumio .
Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova , 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005 , ILG/Consello da Cultura Galega).
A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[ 10]
A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións ).
De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Boullón .
Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
Fermín Penzol . Unha obra para un país (2010 , Galaxia).
"A invención dos Séculos Escuros" en Historia das historias de Galicia (2016 , Xerais).
Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro , Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial , Verba , Coloquio/Letras (de Lisboa ), Signo y Seña (de Buenos Aires ), Portuguese Studies (de Cambridge ), entre outras.
Premios e recoñecementos
1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998 .
Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000 ).
Premio da Crítica Galicia , na sección de Investigación , en 2009 , pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Comisión executiva Plenario
Presidencia Representativos/as Electivos/as
Seccións
Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade Creación e Artes Visuais Contemporáneas Lingua, Literatura e Comunicación Patrimonio e Bens Culturais Pensamento
Arquivos
Arquivo da Emigración Galega Arquivo Sonoro de Galicia Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia