Estudou a carreira eclesiástica en Santiago, onde aprendeu latín, filosofía, teoloxía e dereito canónico, até 1862, cando foi ordenado presbítero polo cardeal Miguel García Cuesta. Ó ano seguinte marchou a Madrid e licenciouse en Sagrada Teoloxía. Na Escola Superior de Diplomática dedicouse durante tres anos á transcrición de documentos galegos do Arquivo Histórico Nacional, e rematou conseguindo o título de arquiveiro bibliotecario.
En 1866 regresou a Galicia como párroco de Santa Eulalia de Vedra, desde onde continuou publicando artigos sobre as súas investigacións históricas. En agosto de 1871 foi nomeado cóengo do Cabido compostelán. En 1872 dirixiu o periódico carlista La Emancipación. Desde o seu posto de cóengo puido acceder ao arquivo documental da catedral, e aproveitalo para realizar traballos de investigación, labor no que destaca a creación da revista Galicia Histórica (publicada entre 1901 e 1903).
A partir de 1871, tras a súa designación como cóengo do Cabido da Catedral de Santiago de Compostela, fixaría a súa residencia na rúa do Castro durante un bo número de anos, e posteriormente -até o seu falecemento- no número 16 da rúa da Raíña[2].
O propósito historiográfico fai que López Ferreiro inclúa nas tres novelas descricións de monumentos e transcricións de documentos históricos.
O autor tiña plena conciencia do seu labor a prol da resurrección e rehabilitación do idioma galego. É asombrosa a súa riqueza de léxico e sintaxe, en ocasións incluíndo arcaísmos recuperados da documentación medieval.
Ensaios
El protestantismo y los errores que de él se derivan: racionalismo y panteísmo (1862).
La Historia de Compostela y su reprobación crítica por Masdeu (1866).