Daniel Marí Ripa, nado en Jaca (provincia de Huesca) o 25 de xullo de 1982, é un político español, deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias por Podemos desde 2015.[1][2]
Traxectoria
Daniel Ripa é licenciado en Psicoloxía e Ciencias do Traballo pola Universidade de Oviedo, experto en Políticas de Inclusión Social pola UNED e doutor en psicoloxía pola Universidade de Oviedo. Tivo diversos empregos como orientador laboral, camareiro, técnico en prevención de drogodependencias, bibliotecario, mozo de almacén ou xestor de cooperación social ata que comezou a súa investigación predoutoral sobre o impacto das empresas na saúde.[3][4]
En febreiro de 2015 foi escollido secretario xeral de Podemos en Asturias,[3] conseguindo un escano como deputado nas eleccións autonómicas de maio.
En decembro de 2017 foi reelixido secretario xeral de Podemos en Asturias.[5]
Notas