E. P. Sanders nado en Grand Prairie (Texas) o 18 de abril de 1937 e finado o 21 de novembro de 2022,[1] foi un especialista en xudaísmo e cristianismo no espazo grecolatino.
Traxectoria
Foi profesor das Universidades de Mc Master (Halminton, Ontario), Oxford e Duke, residiu en Xerusalén onde estudou xudaísmo rabínico. Impartiu clases tamén no Trinity College de Dublín e Cambridge. O seu libro Xesús e o Xudaísmo recibiu o Premio Grawemeyer como o mellor libro sobre estudos relixiosos dos anos oitenta. Foi membro da Academia Británica, e retirouse no 2005.
Pensamento
Parte da contextualización dos textos na realidade sociolóxica do século I mediante diversos estudos comparativos. Para Sanders, Xesús de Nazaret tiña unha mensaxe escatolóxica que anunciaba a restauración do Reino de Israel. Unha restauración que era unha boa nova para os excluídos moral e politicamente. Cando se fala da acollida aos pecadores no Novo Testamento, á luz do xudaísmo palestino do século I refírese aos que persistentemente e de xeito pertinaz se colocan ou son colocados nesa posición de exclusión. Entende que as ideas de Xesús sobre a flexibilización da pureza ritual e do cumprimento do Shabat, non son razóns poderosas que conducirían a Xesús á morte. Para el tivo que ser un conflito coa clase sacerdotal saducea (que se albisca na expulsión dos mercadores do Templo de Xerusalén) o que provocou o fatal desenlace. Será posteriormente Paulo de Tarso quen saque as consecuencias deste conflito cando proclamou a salvación por pura graza sen necesidade de cumprir a Lei de Moisés.
Obras
- Paul and Palestinian judaism (1977).
- Paul the Law and the jewish people (1983).
- Jesus and Judaism (1988).
- Judaism practice and believe (1992).
- The historical figure of Jesus (1993).
Notas