Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Eduard Gaertner

Modelo:BiografíaEduard Gaertner

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Eduard Gärtner Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johann Philipp Eduard Gärtner Editar o valor en Wikidata
2 de xullo de 1801 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1877 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Flecken Zechlin, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín (–1877)
París (1825–1828) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, deseñador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Porcelain Manufactory (en) Traducir (–1821)
Carl Wilhelm Gropius (pt) Traducir (1821–1825) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Autorretrato a lapis de 1820. Neste debuxo experimenta coa perspectiva da imaxe, con pernas e mans desproporcionadamente grandes en comparanza coa parte superior do corpo. Considérase que o artista traballou cun espello convexo[1].

Johann Philipp Eduard Gaertner, nado o 2 de xuño de 1801 en Berlín e finado o 22 de febreiro de 1877 en Flecken Zechlin, foi un pintor alemán, especializado en paisaxes urbanas.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia humilde, seu pai Johann Philipp Gärtner era un artesán dedicado á realización de tallos e cadeiras e como consecuencia da deterioración das condicións económicas tras da ocupación napoleónica de Berlín en 1806 estableceuse en Kassel e despois foi a nai, Caroline Plessmann co neno, dedicándose ao bordado en ouro. Eduard dende os dez aprendeu debuxo co pintor da corte do reino de Westphalia, Franz Hubert Müller. Despois da derrota de Napoleón na Campaña de Alemaña de 1813, nai e fillo, volveron a Berlín[2].

Aprendizaxe

En 1814 entrou como aprendiz na Real Manufactura de Porcelana de Berlín, era unha época de recuperación económica tras o período bélico e o establecemento estaba interesado en formar novos aprendices e contratalos logo como traballadores cualificados. Desa época é a súa amizade con Gustav Taubert, o responsable da pintura figurativa e máis tarde director da Real Manufactura, que tivo moita influencia na súa técnica para o retrato[3].

Interior da antiga catedral de Berlín (1824). Este óleo que foi un pedido do rei prusiano supuxo o seu primeiro recoñecemento como pintor, característico é lograr que a atención do espectador vaia cara á arquitectura clásica e xoga coa luz, así a raiola de luz que penetra dende a dereita fai que sobre o piar sexa visible a sombra das barras da fiestra e ilumina a ringleira de asentos da nave próxima á que sentan dúas persoas, aínda así a obra, como todas as desta primeira época, semella dura, fría e sen aire [4]

En 1820 rematou a súa etapa de aprendiz e no ano seguinte entrou no estudio do pintor da corte Karl Wilhelm Gropius e alí permaneceu ata 1825 pintando decorados para o teatro, é nesta época cando desenvolve o seu interese nas perspectivas arquitectónicas e na reprodución realista. Capital foi tamén o seu traballo co pintor, arquitecto e escenógrafo Karl Friedrich Schinkel, completando algúns dos seus deseños. A partir de 1822 completou a súa formación indo a clases na Academia das Artes de Berlín.

Etapa parisiense

Rue-Neuve-Notre-Dame in Paris (1826). A súa vista máis famosa de París, e como en moitas das súas obras resalta a vida cotiá da cidade
Die Parochialstraße. Óleo sobre tea (1831)

En 1824 grazas a unha encarga do rei de Prusia fíxose coñecido polo público e trouxo pedidos adicionais e así logrou en 1825 pagar unha viaxe de estudos a París que duraría tres anos e durante a que tamén visitou Nürnberg, Heidelberg, Gante, Bruxelas e Bruxas. So a influencia da paisaxe urbana parisiense comezou a se arredar das representacións interiores para se centrar principalmente nas paisaxes urbanas[5]. Nesta súa etapa parisiense viviu no estudio do paisaxista Jean-Victor Bertin que propiciou o maior interese de Gaertner pola pintura sobre tea mentres que era a acuarela a que predominaba na súa obra anterior. En París tamén aprendeu a lograr o efecto da aire e da luz unicamente por medio da cor, un cambio radical en relación ás súas primeiras obras.

Inspirado na paisaxe urbana de París realizou numerosas teas e acuarelas, enviando parte desta obra á exposición da Real Academia Prusiana de Arte de Berlín de 1827 e a crítica acolleuna con eloxios pola súa exitosa representación da luz e do aire.

Volta a Berlín

Die Klosterstraße. Óleo sobre tea (1830)

En 1828 volveu a Berlín e estableceuse como artista independente, realizou numerosas vistas da capital prusiana que foron ben recibidas pola burguesía berlinesa e a familia real, isto e mais a súa pertenza á Berlinischen Künstler-Verein abriulle as portas da elite artística capitalina: Karl Friedrich Schinkel, Franz Krüger, Christian Daniel Rauch, Karl Eduard Biermann, Gottfried Schadow e Johann Heinrich Hintze[6].

Na década de 1830 estaba no apoxeo do seu éxito, considerado o meirande pintor de paisaxes arquitectónicas de Alemaña, nesa época documentou os novos edificios berlineses, edificados nun estilo que se coñecerá como Biedermeier, amosando a cidade como un lugar de residencia idílico, aínda relativamente pouco industrializada; prazas e rúas aínda semellaban como as de calquera pequena vila.

Panorama de Berlín

Vista norte
Vista leste
Vista sur, panel dereito
Vista sur, panel esquerdo

Unha das súas obras máis significativas é o Panorama de Berlín, realizado en seis partes en 1834 que amosa a vista panorámica de Berlín vista dende o teito da igrexa de Friedrichswerder, construída por Schinkel entre 1824 e 1830. Como base primeiro fixo un debuxo sobre tea que lle serviu como base, e logo sobre o tellado da igrexa montou un "cuberto" para protexelo do rigor do tempo e durante tres meses traballo alí na obra. Finalmente completouna no seu estudio a finais de 1834[7]. Realizouno en seis paneis por non ter certeza se unha gran vista panorámica de 360º polo seu elevado prezo e dificultade para atopar un sitio axeitado de colocación atoparía mercador, mentres que sería máis doado vendelo en pezas máis pequenas a diferentes compradores. Mais logo de acabados os tres primeiros paneis mercouno completo o rei Frederico Guillerme para instalalo a partir de 1836 no Palacio de Charlottenburg [8].

Os paneis evocan a ilusión de se situar no tellado da igrexa por iso mesmo a parte plana do teito, os pináculos, dúas torres e mais o peitoril forman parte do Panorama. Ao mesmo tempo fan máis fácil para o espectador determinar exactamente a súa posición.

No panel esquerdo da vista norte nun primeiro plano vese como o Alexander von Humboldt explica diante un telescopio a vista do Forum Fridericianum a unha parella, diante deles está a Ópera Real, ao fondo a Biblioteca Real e cara á esquerda a catedral de Santa Eduvixis. O arsenal localízase no lado dereito. Na vista leste pódese observar o parque do Lustgarden co Museo Real á esquerda e máis á dereita a antiga catedral de Berlín, en orixe barroca mais remodelada por Schinkel nun estilo neoclásico. No extremo dereito está o Palacio Real de Berlín que tamén se observa na vista sur, vista que está dominada no seu panel esquerdo pola Academia de Arquitectura de Berlín, aínda con estadas ao longo da súa estrutura. Nun primeiro plano está a propia figura do artista cun cartafol verde á súa esquerda coa inscrición "Panorama von Berlin" mentres o panel dereito da vista sur obsérvanse ao lonxe as torres do Gendarmenmarkt, entre elas vese o teito e o pórtico do Teatro Real.

Na vista occidental está dominada polas torres da propia igrexa e pódese ver un fillo de Gaertner xogando cun sabre e gabeando polo tellado. No lado esquerdo da vista oeste o conversan Peter Beuth, entón director do departamento de construción, e mais Schinkel[9].

O conxunto da obra transmite a Berlín burguesa coa súa énfase na universidade, na ópera, nos xardíns, o museo, a academia, o teatro mentres o Palacio Real, o centro da monarquía prusiana queda relegado ás marxes dos paneis [10]. Para alén o Panorama olla para a xente no seu labor diario: obreiros e carpinteiros nas estadas, remadores nas barcazas transportando barrís polo río ou unha muller que fai a cama.

Rusia

Kremlin (1838). Acuarela
Panel esquerdo do Panorama do Kremlin (1839)

Tras o éxito do Panorama de Berlín Gaertner pensou en facer unha nova versión para lla vender á familia imperial rusa aproveitando as conexións familiares dos Hohenzollern, xa que a tsarina Alexandra Feodorovna era filla do rei prusiano e coñecedor que tanto o seu mestre Gropius como o seu amigo Krüger levaban anos vendendo a súa obra en Rusia. En 1837 partiu cara a San Petersburgo e logrou venderllo ao tsar Nicolao I como galano para a súa dona[11]. Realizou máis visitas a San Petersburgo e Moscova en 1838 e 1839. En especial seduciuno a paisaxe moscovita, a súa arquitectura espazosa e exótica, e ao xeito de Berlín en 1839 realizou en tres paneis un Panorama do Kremlin nos que imitou a forma sagrada dun tríptico medieval, creando así un marco idóneo para as douradas cúpulas catedralicias. No panel esquerdo salientan o muro diagonal do Kremlin e a catedral do Arcanxo, e atrás desta agochase a catedral da Anunciación e o Gran Palacio do Kremlin. No panel da dereita están o mosteiro Chudov ou o convento da Ascensión, edificacións desmanteladas na época soviética. No panel do centro amósanse o campanario de Iván o Terrible e a campá caída Tsar Kolokol e máis ao fondo a catedral da Dormición. Ao longo do tríptico sucédense escenas da vida cotiá, nenos que xogan, popes con negras túnicas, cidadáns paseando ou militares facendo a rolda.

Novo estilo

Sala de estar do cerralleiro Carl Hausschild en Berlin (1843)

O rei Frederico Guillerme era a principal fonte de ingresos de Gaertner, entre 1828 e 1840 compráralle 21 pinturas [12]. Ao morrer en xuño de 1840 accedeu ao trono Frederico Guillerme IV que tiña uns gustos pictóricos diferentes, non estaba interesado na paisaxe urbana da cidade que vía todos os días; o seu modelo arquitectónico era o clásico de Grecia e Roma, territorios que Gaertner descoñecía, ademais o interese polos modelos de inspiración medieval tamén se fixo popular na corte. Pintores como Johann Heinrich Hitze, Friedrich Wilhelm Klose e Wilhelm Brücke estaban máis dispostos a cumprir con esta nova demanda. Asemade a pintura paisaxística estaba a substituír as imaxes arquitectónicas. Gaertner viuse obrigado a recorrer principalmente a unha clientela burguesa e a ampliar o seu repertorio artístico[13]. Nos anos seguintes mantivo a súa posición como pintor respectado no seo da burguesía berlinesa, con numerosas encargas, interesándose en especial polas representacións de interiores privados[14].

Casa do concello de Thorn (1848)

Ao longo da década de 1840 realizou unha serie de viaxes. En 1841 visitou Bohemia por primeira volta e en 1844 viaxou pola provincia de Brandeburgo e en 1845 pola provincia de Prusia, no leste do reino e coñecida polos seus edificios góticos de ladrillos e os seus castelos da época da Orde Teutónica, ademais dos seus numerosos ríos e vilas formando un cadro idílico que cativaba á burguesía berlinesa cun interese crecente pola historia e mais os monumentos antigos. Coas súas acuarelas e pinturas, Gaertner converteuse na conciencia cultural das vilas de aspecto medieval como Neidenburg, Gollub e Allenstein pero sobre todo Thorn transformouse no centro das súas actividades artísticas na provincia, favorecida por unha poboación, que aínda que pequena, era o suficientemente próspera para realizar pedimentos a Gaertner[15].

Revolución de marzo de 1848

Barricada tras da loita na rúa Breiten (1848)

En 1848 en Europa espallouse unha onda revolucionaria que atinxiu Berlín en marzo e Gaertner foi testemuña dos acontecementos que se sucedían na capital prusiana, e como moitos contemporáneos quedou sorprendido pola fonda brecha entre o rei e o seu pobo[16]. A súa acuarela Barricada tras da loita na rúa Breiten amosa parte da rúa Breite logo da súa toma polas tropas reais e do rei ordenar a súa retirada, representando a calma tras a treboada que domina a atmosfera da cidade tras a loita. Esa rúa tiña unha grande importancia estratéxica por levar ao Palacio Real e as tropas reais cargaron armados contra das barricadas. A barricada representada na acuarela consiste en táboas, barras e barrís. A roda que se observa no centro pertence a un vagon. As fendas da barricada están cubertos con lastras. Tan só un par de homes permanecen, á dereita, atrás da barricada, confundíndose cos cachotes da propia barricada. A bandeira negra, vermella e amarela, símbolo da revolución, érguese sobre a barricada constituíndo o único contraste co fondo agrisado. Na esquerda na parede aparece a inscrición: "Noite de terror do 18 ao 19 ás 3 h / 48" e abaixo constan as iniciais do artista: "EG" [17]. A obra está arredada da tradicional imaxe de limpeza e orde que caracteriza a súa obra, dando unha imaxe de caos e incerteza.

1850-1870

Berlín, Unter den Linden (1852)

Gaertner especializouse como pintor de arquitectura nunha representación sobria e realista do tecido urbano e a aparición dunha nova tecnoloxía, a fotografía, supúxolle unha competencia directa, as imaxes dos novos aparellos fotográficos eran menos custosas, en tempo e mais en cartos, que a obra dun pintor. Ademais rexistraban con mellor resolución a riqueza do detalle do ambiente no que se insería e xa a comezos da década de 1850 traballaban 15 fotógrafos en Berlín[18]. Así a todo, Gaertner vía na fotografía un exemplo para as súas vistas. Non empregaba as fotografías directamente como modelos pero permitíalle comparalas rapidamente cos obxectos da pintura, o que lle permitía facer correccións e mellorar a autenticidade das súas obras. Gaertner chegou a mercar 77 fotografías de fotógrafos berlineses, que incluía a primeira fotografía que se conserva da cidade, datada en 1851[19]

En 1852 e 1853 Gaertner centrouse nun motivo que foi unha constante na súa obra dende 1829 ata 1861, o bulevar Unter den Linden, a avenida era o fondo habitual dos fastos reais e dos paradas militares.

Retirada ao campo

En 1870 retirouse, enfermo, coa súa dona ao pintoresco e relativamente remoto Flecken Zechlin en Rheinsberg. Aínda que retirado mantívose activo artisticamente, realizando pequenas obras, acuarelas e debuxos, pero xa sen se poder desprazar pola súa debilidade física. Tras a súa morte en 1877 a súa obra pasou ao esquecemento ata que en 1906 se volveu expoñer de novo na Deutschen Jahrhundert-Ausstellung, comparándoo co pintor italiano Canaletto. En 1968 e 1977 realizáronse exposicións fragmentarias da súa obra e no ano 2001 unha exposición completa no Ephraim-Palais de Berlín.

Notas

  1. Johanna Völker (2017) Zwischen Autonomie und Abhängigkeit. Künstlerische Werdegänge und gesellschaftlicher Status preußischer Maler in der ersten Hälfte des 19. Jahrhunderts. Franz Krüger – Carl Blechen – Eduard Gaertner. Tectum:Baden-Baden 2017, p. 228
  2. Irmgard Wirth (1985) Eduard Gaertner, der Berliner Architekturmaler. Propyläen:Berlín p. 7.
  3. Irmgard Wirth: Eduard Gaertner, der Berliner Architekturmaler. Propyläen, Berlín 1985. p. 17.
  4. Irmgard Wirth: Eduard Gaertner, der Berliner Architekturmaler, p 19
  5. Dominik Bartmann (2001) "Gaertners Parisreise 1825–1828". In: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai:Berlin, pp. 65–70.
  6. Edit Trost (1991) Eduard Gaertner, Henschel:Berlín, pp. 15–16
  7. Edit Trost (1991) Eduard Gaertner, p. 51
  8. Gisold Lammel (1995) Preussens Künstlerrepublik von Blechen bis Liebermann: Berliner Realisten des 19. Jahrhunderts. Verlag für Bauwesen: Berlín 1995, pp 27–28
  9. Ursula Cosmann (1977) Eduard Gaertner 1801–1877, Berlin 1977, p 16.
  10. Birgit Verwiebe (2001) "Erdenstaub und Himmelsdunst Eduard Gaertners Panoramen" in: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai:Berlin, pp 97–111
  11. Wasilissa Pachomova-Göres (2001) "Gaertner und Rußland" in: Dominik Bartmann (ed): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai: Berlín 2001. pp 113–114
  12. Helmut Börsch-Supan (2001) "Eduard Gaertner. Porträtierte Lebensräume" in Dominik Bartmann (ed.) Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai: Berlín, p. 13
  13. Sybille Gramich (2001) "Eduard Gaertner und die Berliner Architekturmalerei" in: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877. Nicolai: Berlín, p. 47.
  14. Edit Trost: Eduard Gaertner, p. 20
  15. Sven Kurau (2001) "Eduard Gaertners Reisen in die Provinz Preußen. Neue Aufgabenfelder, Motive, Absatzmärkte" in: Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877, p. 159
  16. Helmut Börsch-Supan (2001) "Eduard Gaertner. Porträtierte Lebensräume" in Dominik Bartmann (ed.) Eduard Gaertner 1801–1877, p. 15
  17. Christina Klausmann (1998) "Revolutionärer Aufbruch in Deutschland" in Lothar Gall (ed.): 1848. Aufbruch zur Freiheit. Eine Ausstellung des Deutschen Historischen Museums und der Schirn Kunsthalle Frankfurt zum 150jährigen Jubiläum der Revolution 1848/49. Nicolai: Berlín 1998, p. 123
  18. Edit Trost: Eduard Gaertner, p. 28.
  19. Ursula Cosmann (2001) "Eduard Gaertner- Berlinbilder- Zu einer Sammlung früher Photografien aus dem Besitz des Künstlers " in Dominik Bartmann (ed.): Eduard Gaertner 1801–1877., pp. 81–96

Read other articles:

Критериум Дофине 2019 Детали гонкиМаршрут71-й Критериум ДофинеСоревнованиеМировой тур UCI 2019 2.UWTЭтапы8Даты9 – 16 июнь 2019Дистанция1202,1 кмСтраны Франция ШвейцарияМесто стартаОрийакМесто финишаШампериКоманды22Стартовало гонщиков154Финишировало гонщиков106Средняя скорость39,104 к

 

Это служебный список статей, созданный для координации работ по развитию темы. Его необходимо преобразовать в информационный список или глоссарий, в противном случае перенести в один из проектов.Данный шаблон не устанавливается на информационные списки и глоссарии. О

 

В Википедии есть статьи о других людях с фамилией Залевская. Анна Залевскаяпольск. Anna Zalewska Депутат Европейского парламента IX созыва от Польши с 2 июля 2019 Министр национального образования Республики Польша 16 ноября 2015 — 3 июня 2019 Глава правительства Беата Шидло Мат�...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أكتوبر 2019) وثار فرانز فون شونبورن   معلومات شخصية الميلاد 4 أكتوبر 1655[1][2][3][4]  هاناو  الوفاة 30 يناير 1729 (73 سنة) [1][2][3][4]  ماينتس...

 

جزء من سلسلة مقالات حولاللاسلطوية الفكر رأسمالية مسيحية جمعية إسلامية شيوعية بيئية أنثوية خضراء فردية تبادلية بدائية اجتماعية أو اشتراكية تعاونية او نقابية في الثقافة الدين المجتمع الفنون تاريخ النقد التعليم المبادئ النظرية الأصول الاقتصاد الرأسمالية الماركسية بدون ص�...

 

This article relies largely or entirely on a single source. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: List of Oricon number-one singles of 1997 – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2022) The following is a list of Oricon number-one singles of 1997. Oricon Weekly Singles Chart Issue date Song Artist(s) Ref. January 6 Pride Miki Imai [1] January 13 You Are The One TK presents...

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: SMP Negeri 34 Maluku Tengah – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTORArtikel ini tidak memiliki kategori atau memiliki terlalu sedikit kategori. Bantulah dengan menambahi kategori yang sesuai. ...

 

Kobra Pugachev adalah nama sebuah manuver pesawat tempur. Manuver ini adalah demonstrasi kontrol pitch, sudut serangan tinggi yang stabil, dan kemampuan mesin. Manuver Kobra terdiri dari belokan yang sangat cepat yang dapat menghindari dari serangan, atau memposisikan diri untuk menyerang. Gerakan ini adalah contoh dari manuver pertempuran udara (air combat manoeuvering, ACM ). Ahli ACM Barat menganggap bahwa manuver ini tidak berguna dalam pertempuran sesungguhnya, walau begitu, Kobra Pugach...

 

EtroJenisBisnis KeluargaIndustriRetailDidirikan1968PendiriGimmo EtroKantorpusatMilan, ItaliaWilayah operasiSeluruh duniaProdukPakaian, footwear, tas tangan, perhiasan, parfum, bahan pakaian and perabotan rumah tangga.Situs webwww.etro.com Etro adalah sebuah brand mewah asal Italia yang memproduksi pakaian, parfum, hingga kebutuhan perabotan rumah tangga.[1] Butik Etro di Madison Avenue - New York Kronologis Perkembangan Etro Tahun Penjelasan 1968 Gerolamo Gimmo Etro, seorang penjelaja...

Organization Moral Re-ArmamentMoral Re- Armament emblem used as the background decor for the MRA Launch in US.SuccessorInitiatives of ChangeFounded1938Dissolved2001Key peopleFrank Buchman, Peter Howard Moral Re-Armament (MRA) was an international moral and spiritual movement that, in 1938, developed from American minister Frank Buchman's Oxford Group. Buchman headed MRA for 23 years until his death in 1961. In 2001, the movement was renamed Initiatives of Change. History Beginning In 1938, Eu...

 

Portal Geschichte | Portal Biografien | Aktuelle Ereignisse | Jahreskalender | Tagesartikel ◄ | 1. Jh. v. Chr. | 1. Jh. | 2. Jahrhundert | 3. Jh. | 4. Jh. | ► 100er | 110er | 120er | 130er | 140er | 150er | 160er | 170er | 180er | 190er Globale territoriale Situation im 2. Jahrhundert Das 2. Jahrhundert begann am 1. Januar 101 und endete am 31. Dezember 200. Im Mittelmeerraum fällt es in die Epoche der Antike. Inhaltsverzeichnis 1 Zeitalter/Epoche 2 Ereignisse/Entwicklungen 2.1 Politik u...

 

American actress Marilyn BuferdCompeting at the 1946 Miss America contestBorn(1925-01-30)January 30, 1925Detroit, Michigan, U.S.DiedMarch 27, 1990(1990-03-27) (aged 65)Austin, Texas, U.S.OccupationActressHeight5 ft 8 in (1.73 m)TitleMiss America 1946PredecessorBess MyersonSuccessorBarbara Jo WalkerSpouses Count Francesco Barbaro ​ ​(m. 1951; div. 1954)​ Hans E. Orton ​ ​(m. 1958; div. 195...

David Yau YauYau Yau during his time as insurgent leaderChief Administrator of Greater PiborIn office2014–2015Preceded byPosition establishedSucceeded byPosition abolishedGovernor of Boma StateIn office2018–2020Preceded byBaba Medan KonyaSucceeded byPosition abolished Personal detailsPolitical partySudan People's Liberation Movement[1]Other politicalaffiliationsSouth Sudan Democratic Movement (until 2016) David Yau Yau was a Governor of Boma State[2] and the Chief Administ...

 

Motoniveladora. Una motoniveladora es una máquina de construcción que cuenta con una larga hoja metálica empleada para nivelar terrenos. Además posee escarificadores para terrenos duros, los cuales puede ubicar al frente, en medio del eje delantero y la cuchilla o en la parte trasera, llamándose en este caso ripper. Motoniveladora GS-14.02 Generalmente presentan tres ejes: la cabina y el motor se encuentran situados en la parte posterior, sobre los dos ejes tractores, y el tercer eje se ...

 

American television writer Erin LevyOccupationTelevision WriterNationalityAmericanNotable worksMad Men Erin Levy is an American television writer. She has worked on the AMC drama Mad Men and has won an Emmy Award and a Writers Guild of America (WGA) Award. Biography Daughter of television writer Lawrence H. Levy, Erin Levy took a screenwriting seminar at USC in high school, which sparked her interest in following in her father's footsteps. Levy attended USC undergraduate for screenwriting, wh...

Begraafplaats van Maldegem Toegang tot de begraafplaats Plaats Maldegem  België Portaal    Mens & maatschappij De Begraafplaats van Maldegem is een gemeentelijke begraafplaats in de Belgische gemeente Maldegem. De begraafplaats ligt 630 m ten oosten van het centrum (Markt), langs de Katsweg. Het oudste deel dateert van 1873 maar werd in 1903 uitgebreid met de achterliggende percelen. In 1944 en 1973 werd ze nogmaals uitgebreid, maar dan in oostelijke richting. De begraafpl...

 

Marshal of England This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Roger Bigod, 4th Earl of Norfolk – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2022) (Learn how and when to remove this template message) Arms of Bigod (dropped post-1269 by Roger Bigod, 5th Earl of Norfolk): Or, a cross gules Roger...

 

Mountain huts in New Hampshire Greenleaf Hut on the shoulder of Mount Lafayette Map all coordinates using: OpenStreetMap Download coordinates as: KML GPX (all coordinates) GPX (primary coordinates) GPX (secondary coordinates) The High Huts of the White Mountains are eight mountain huts in the White Mountains of New Hampshire, owned and maintained by the Appalachian Mountain Club. They are modeled after similar huts in the Alps and positioned at intervals along the Appalachian Trail, allowing ...

The Visitors' List and GuideTitle page of the earliest surviving edition of The Visitor's List and Guide. June 22 1887Typenewspaper The Visitors' List and Guide was a weekly English language newspaper, distributed around settlements on the mid West Wales coast such as Aberystwyth, Borth, Aberdyfi, Tywyn and Aberaeron. It contained local news and information and a list of visitors.[1] References ^ The Visitors' List and Guide at Welsh Newspapers Online, National Library of Wales Th...

 

Для термина «Катод» см. также другие значения. Плата инвертора для CCFL-лампы Холодный катод (автоэмиссионный или острийный катод) — эмиттер свободных электронов, работающий на основе явления автоэлектронной эмиссии, функциональный элемент многих приборов в микроэлек...

 
Kembali kehalaman sebelumnya