1801
Acontecementos
Gran Bretaña
- Os arquitectos, Salford Matthew Boulton e James Watt edifican unha fábrica de fiados de sete pisos, cuxo conxunto de paredes mestras, de cachotería, se acompaña dunha estrutura interna que ordena trabes mestras e columnas en forma de T. Este deseño converterase no patrón dos edificios industriais.
- Durante o 14 de marzo o primeiro ministro, William Pitt (o Novo), avoga pola emancipación dos católicos irlandeses e a entrada destes no Parlamento, trala integración de Irlanda. Pero o rei Xurxo III oponse e Pitt vese na obriga de dimitir. A petición súa, o tory Henry Addington subtitúeo e firma a paz de Amiens no ano 1802 (que se romperá en maio de 1803). As presións políticas fan que o rei teña un novo acceso de demencia, que caerá na loucura absoluta no ano 1810.
- O 24 de decembro Richard Trevithick, que traballa de enxeñeiro de minas, emprega a primeira locomotora de vapor de alta presión construída por el mesmo e experiméntaa con pasaxeiros.
Exipto
Alemaña
- O 25 de marzo Novalis (que na realidade chamábase Friedrich Leopold von Hardenberg e que nacera na rexión de Oberwiederstedt o 2 de maio de 1772), poeta lírico alemán, prosista e pensador místico-relixioso do romanticismo temperán, morre na cidade de Weissenfels (capital de Turinxia). O autor tiña obras de recoñecido nome como: "Hymnen an die Nacht", "Heinrich von Ofterdingen" entre outras.
España
- O 13 de febreiro fírmase na localidade española de Aranjuez un convenio entre Francia e España. O convenio, firmado por Godoy (na parte española) e por Luciano Bonaparte (na parte francesa), establece o auxilio da frota de guerra española a Napoleón Bonaparte, que a necesita para poder enfrontarse aos británicos.
- O 20 de maio, pouco despois de que España declarase a guerra a Portugal, como represalia por negarse a cerra-los seus portos ó comercio inglés, os españois invaden Portugal. Unha vez firmado o tratads de Madrid (o 29 de xaneiro de 1801) e ratificado polo convenio de Aranjuez (o 13 de febreiro de 1801), España, premida por Napoleón, declara a guerra a Portugal o 22 de febreiro de 1801. Godoy, convertido novamente en árbitro dos destinos de España trala caída de Urquijo y Mazarredo (separado do mando da escuadra hispana), é nomeado xefe do exército español. Na invasión participa un continxente español de 60 000 homes (10 000 en Andalucía; 20 000 en Galicia e 30 000 en Estremadura), secundado por un corpo expedicionarios francés, que non chega a participar. As tropas invasoras fanlles fronte a un exército de 40 000 portugueses, comandado polo duque de Lafões. Os españois entran en Portugal e fanse con algunhas prazas, entre elas Olivenza. Trala derrota portuguesa na batalla de Arronches, a conquista do Alentexo e os asedio de Elvas, onde a contenda recibe o nome da "guerra das Laranxas", a causa das pólas da árbore que os soldados entregan a Godoy (que llas ofrece da súa parte á raíña María Luisa), chégase deseguido ao armisticio.
- O 6 de xuño España e Francia firman con Portugal un tratado de paz en Badaxoz, que trae consigo a perda (por parte de Portugal) da praza de Olivenza, que pasa a España, teñen que pagar unha forte indemnización a Francia e cerra-las portas ao comercio británico. O tratado pon fin á guerra das Laranxas. Non contento co tratado, Napoleón esixe a súa revisión. A consecuencia de todo iso, Godoy retira a escuadra de Brest e ameaza o francés con volver de novo ás relacións con Gran Bretaña. A intención de Napoleón de invadir España co obxecto de destronar os Borbóns, induce a Luciano Bonaparte e Nicolao de Azara a mediar na disputa.
- O 29 de setembro ratifícase a Paz de Badaxoz firmada con Portugal. Ambos os países cambian a alianza con Inglaterra por outra con Francia. Con iso, España perderá a súa frota. Aínda que o tratado ratificado se asinase en Madrid, coa finalidade de ratifica-la fin da guerra das Laranxas entre España e Portugal, o acordo comportaba, ademais, o acceso ás antigas esixencias francesas. Portugal cede a Francia a Güiana, dálle un trato de favor na materia comercial e paga unha indemnización de guerra.
Vaticano
- Un 15 de xullo o concordato firmado entre o papa Pío VII e o primeiro cónsul francés Napoleón Bonaparte restaura en parte os Estados Pontificios. Namentres, o clero francés queda sometido ao estado, e a relixión católica queda recoñecida como a máis practicada en Francia. Aínda que o concordato se firmase na noite do 15 ao 16, acabará de acentuarse por disposicións de vigor en Francia no ano 1905.
Dinamarca
Europa
Rusia
- Na noite do 23 o 24 de marzo o tsar Paulo I (que nacera en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754), aparece estrangulado na súa habitación. É asasinado polos oficiais da súa garda, que forman parte dunha conspiración feita por un grupo de nobres, comerciantes e militares, quen contaban co visto e prace do futuro tsar Alexandre I. Dirixidos por N. Panin e o conde Palen, opóñense á política de hostilidade do tsar cara a Gran Bretaña e as concesións a Roma. Despois de morrer a tsarina Catarina II, Paulo accede ao poder no 1796, pero revélase cunha ausencia total de sensatez na política. O temor que alberga ao posible contaxio das ideas revolucionarias lévao a cerra-las fronteiras e censura-los textos que proveñen de Francia. O seu estilo de goberno é imprevisible e a súa política arbitraria de alianzas e axudas causa estupor. Alexandre I ten 23 anos cando o sucede. Pero o 1 de decembro de 1825, despois de 23 anos de reinado, Alexandre abdicará no favor de seu irmán Nicolao; segundo algúns historiadores, Alexandre terminou a súa vida retirado como eremita.
Nacementos
- 11 de xaneiro - Honorio Hermeto Carneiro Leão, aristócrata brasileiro; coñecido como o Marqués de Panamá.
- 11 de xaneiro - John Lodge Ellerton, compositor inglés.
- 13 de xaneiro - Anton van Isendyck, pintor belga.
- 14 de xaneiro - Adolphe Théodore Brongniart, xeólogo e botánico francés.
- 16 de xaneiro - Thomas Clausen, matemático danés.
- 29 de xaneiro - Johannes Bernardus van Bree, compositor e rexente holandés.
- 30 de xaneiro - Pierre Jean de Smet, xesuíta e misioneiro belga.
- 1 de febreiro - Adolf Fredrik Lindblad, compositor sueco.
- 6 de febreiro - Laure Cinti Damoreau, soprano francesa.
- 19 de febreiro - José Olavarría, militar e estadista arxentino.
- 19 de marzo - Salvatore Cammarano, escritor italiano.
- 5 de abril - Vincenzo Gioberti, estadista e filósofo italiano.
- 12 de abril - Joseph Lanner, compositor austríaco.
- 19 de abril - Gustav Theodor Fechner, físico e filósofo alemán.
- 29 de abril - Willem Vrolik, médico holandés.
- 11 de maio - Henri Labrouste, arquitecto e deseñador francés.
- 22 de maio - Marcantonio Durando, relixioso e teólogo italiano; beatificado o 20 de outubro de 2002 polo papa Xoán Paulo II (m. 1880)
- 1 de xuño - Brigham Young, predicador e líder relixioso mormón de orixe canadense.
- 10 de xuño - Emílio Luis Mallet, militar e mariscal brasileiro de orixe francesa.
- 14 de xuño - Peter Wilhelm Lund, naturalista e botánico danés.
- 15 de xuño - Benjamin Wright Raymond, político americano; terceiro alcalde da cidade de Chicago.
- 16 de xuño - Julius Plücker, matemático alemán.
- 29 de xuño - Pietro Alfieri, compositor italiano.
- 30 de xuño - Frederic Bastiat, escritor e economista francés.
- 17 de xullo - Manuel Cipriano Dulanto, político e militar peruano.
- 27 de xullo - Sir George Biddell Airy, astrónomo británico.
- 3 de agosto - Joseph Paxton, arquitecto inglés.
- 28 de agosto - Antoine Augustin Cournot, matemático francés.
- 14 de setembro - Juan Bautista Alonso, avogado e político galego (m. 1879).
- 4 de outubro - Francisco María Oreamuno Bonilla, político costarriqueño; presidente de Costa Rica dende novembro a decembro de 1844.
- 7 de outubro - Adolf Müller, compositor austríaco.
- 18 de outubro - Justo José de Urquiza, militar e político arxentino (m. 1870)
- 23 de outubro - Gustav Albert Lortzing, compositor alemán.
- 3 de novembro - Vincenzo Bellini, compositor italiano (m. 1835)
- 7 de decembro - Johann Nepomuk Nestroy, escritor e dramaturgo austríaco.
Mortes
- 2 de xaneiro - Johann Lavater, filósofo suízo.
- 11 de xaneiro - Domenico Cimarosa, compositor de óperas italiano nado en 1749.
- 7 de febreiro - Daniel Chodowiecki, ilustrador e pintor alemán.
- 27 de febreiro - Theodore Ayiward, compositor inglés.
- 21 de marzo - Andrea Lucchesi, compositor italiano.
- 24 de marzo - Diego José de Cádiz, relixioso español; beatificado o 22 de abril de 1894 polo papa León XIII.
- 28 de marzo - Sir Ralph Abercromby, militar británico.
- 11 de abril - Antoine Rivarol, escritor e xornalista francés.
- 14 de maio - Johann Ernst Altenburg, músico alemán.
- 17 de maio - William Heberden, médico británico.
- 11 de xuño - Francisco Antonio de Braganza, aristócrata portugués; fillo de Xoán VI de Portugal e Carlota Xoaquina de Borbón.
- 14 de xuño - Benedict Arnold, xeneral americano.
- 30 de xuño - Catarina Cavalieri, soprano austríaca.
- 3 de xullo - Johann Went, compositor e músico inglés.
- 1 de setembro - Robert Bage, escritor inglés.
- 10 de decembro - Jonathan Battishill, compositor inglés.
- 19 de decembro - Carlo Monza, compositor italiano.
Outros
Breves
- - A fragata dos Estados Unidos Chesapeake captura o navio pirata francés, La Jeune Creole.
- - O astrónomo italiano Giuseppe Piazzi efectúa o descubrimento do primeiro asteroide: Ceres.
- - Un forte tremor sacode a rexión chilena de La Serena.
- - Jean Antoine Chaptal, asume o poder do ministerio francés do interior.
- 9 de febreiro - Francia e Austria asinan o tratado de paz de Luneville.
- 22 de febreiro - Francia empuxa o rei español, Carlos IV á guerra contra Portugal, a cal se ve na obriga de solicitar axuda e contará co apoio de Inglaterra.
- 3 de marzo - Tropas británicas ocupan novamente Exipto.
- 4 de marzo - Thomas Jefferson, con 57 anos, é o terceiro presidente dos Estados Unidos. O seu mandato durará ata 1809 e suderao James Madison.
- 12 de marzo - Aparece asasinado no castelo ruso de Mikhailovsy Paulo I, fillo da tsarina Catarina "a Grande".
- 17 de marzo - O político británico Henry Addington asume o cargo de Primeiro Ministro do Reino Unido.
- 15 de maio - Sae ás rúas británicas o primeiro número do xornal "The Gibraltar Chronicle".
- 28 de maio - Trala morte en acto de servizo do militar inglés, Ralph Abercromby, a súa viúva recibe o título de baronesa outorgado polo Congreso.
- 28 de xuño - A tropas británicas tras un duro asedio toman no Exipto a cidade do Cairo.
- 27 de agosto - O filósofo G. W. F. Hegel presenta perante o público o seu libro "De Orbitis Planetarium".
- 2 de setembro - Remata no Exipto a ocupación francesa que se iniciara o 25 de xullo de 1798.
- 10 de novembro - O estado de Tennessee (Estados Unidos) é o primeiro en aprobar unha lei contra os duelos.
- 16 de novembro - Sae ás rúas o xornal estadounidense, New York Evening Post.
- 24 de decembro - O emperador Francisco II prohibe as leccións a Franz Joseph Gall, investigador do cerebro, xa que a súa doutrina conduce ao materialismo.
- O físico alemán Johann Wilhelm Ritter descobre a radiación ultravioleta.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|