O fento frisado (Trichomanes speciosum) é unha especie de fento común no oeste de Europa. É máis abundante en Irlanda, o Reino Unido, a Bretaña francesa, as Illas Canarias, a illa de Madeira e as illas dos Azores, porén tamén aparece nalgunhas localizacións da Península Ibérica (Galiza, Norte de Portugal), Francia e Italia[1].
É unha das tres especies europeas de fentos coas follas translúcidas.
Protección
A forma de esporófito só se atopa en 16 lugares do Reino Unido, o gametófito está máis espallado. Pensábase que estaba extinta en Escocia[2] mais descubríronse algúns exemplares en Skye na súa forma gametófita.[3] No Reino Unido clasifícase coma especie vulnerábel considerándose en Europa unha das plantas máis ameazadas.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas