Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fernando Ónega

Modelo:BiografíaFernando Ónega
Biografía
Nacemento(es) Fernando Ónega López Editar o valor en Wikidata
16 de xuño de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Mosteiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Interesado enAdolfo Suárez Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCristina Ónega, Sonsoles Ónega Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Ramón Ónega López Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDiciopedia do século 21
Diccionario enciclopédico galego universal
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1306015 BUSC: onega-fernando-1947

Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.[1]

Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste. Dirixiu o xornal Ya, e os servizos informativos da Cadena SER e da COPE, e foi director xeral de Onda Cero Radio, así como presentador de Informativos Telecinco. É columnista de La Voz de Galicia e colaborador de El Progreso, así como de numerosos programas de radio e televisión.

Traxectoria

Foi fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos. Nos anos 70 foi xefe de prensa da Guardia de Franco e traballou no diario Arriba, órgano oficial da Falanxe, do que chegou a ser subdirector.[2] Tras a morte de Franco foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez,[3] quen se fixou nel despois de ler varios artigos seus no xornal falanxista.[4] Escribiu a maioría de discursos de Suárez, incluído o famoso "Podo prometer e prometo". Dimitiu a mediados de 1978 e volveu ao seu posto de subdirector de Arriba.[2]

Tamén en 1978 comezou a súa andaina na televisión ao pasar a dirixir o programa informativo Siete días, de TVE, ata 1979. Ese ano entrou na Cadena SER, facendo comentarios políticos no programa Hora 25. En 1980 dirixiu en TVE Revista de Prensa e foi nomeado Director de Relacións Externas da cadea, posto que ocupou ata 1981, cando foi nomeado director dos informativos da SER, en substitución de Iñaki Gabilondo, e coincidindo ademais co intento de golpe de Estado do 23-F.[5]

En 1985 pasou a dirixir o diario Ya e entre 1986 e 1990 foi director dos informativos da COPE.[6] Foi director de Onda Cero de 1992 ata 1993,[7] cando comezou a realizar análises políticos nos Informativos Telecinco, chamados por aquel entón Entre hoy y mañana, que presentaba o tamén galego Luis Mariñas. En marzo de 1993 presentou o programa matinal Los Periódicos[8] e meses despois pasou a presentar a edición nocturna dos informativos de Telecinco, e en 1994 a edición do mediodía. En 1997 fichou por Antena 3[9] e ata 1999 foi presentador de Antena 3 Noticias, primeiro na edición das 21 horas e logo na de madrugada.[10]

En xullo de 2000 volveu traballar como director de Onda Cero, ata a súa destitución en xaneiro de 2002.[11] En 2013 publicou unha biografía de Adolfo Suárez e dous anos despois outra sobre Xoán Carlos I. Dende 2019 é o presidente de 65ymas.com, un xornal centrado na actualidade das persoas maiores.[12]

Ademais ten colaborado habitualmente en xornais como La Vanguardia, El Progreso e La Voz de Galicia, e intervido como comentarista de actualidade en numerosos debates e programas de radio e televisión, como Saber vivir (2002-2009), 59 segundos (2005-2012) e El debate de la 1 (2012-2018), de TVE; ​El Programa de Ana Rosa (2005-2008) de Telecinco; Las mañanas de Cuatro (2007-2009) de Cuatro, Galicia por diante, da Radio Galega; Herrera en la onda (2004-2015), Más de uno (2015-) e La Brújula (2015), de Onda Cero. Dende agosto de 2009 ten a súa propia sección no programa de TVE La mañana de La 1.

Vida familiar

É irmán de José Ramón Ónega (1939-2021) e pai das tamén xornalistas Cristina Ónega e Sonsoles Ónega.

Obra

Premios e recoñecementos

Entre outros:

Notas

  1. Ónega na IMDb (en inglés).
  2. 2,0 2,1 "Fernando Onega ha cesado en su cargo de director de la oficina de prensa de la Presidencia del Gobierno". El País (en castelán). 8 de xuño de 1978. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  3. Fernando Ónega, portavoz de Presidencia del Gobierno, artigo en La Vanguardia o 24/05/1977 (en castelán).
  4. "El hombre que abrazó a un país entero". El Norte de Castilla (en castelán). 17 de marzo de 2014. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  5. "Fernando Onega, nombrado director de los servicios informativos de la Cadena SER". El País (en castelán). 10 de febreiro de 1981. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  6. "Fernando Ónega deja la dirección de informativos de la COPE". El País (en castelán). 21 de xuño de 1990. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  7. Prensa-Escuela Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán).
  8. "Tele 5: Total renovación de la parrilla matinal, con cinco estrenos" (en castelán). 21 de febreiro de 1994. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  9. "Antena 3 potencia sus informativos". El País (en castelán). 30 de xaneiro de 1997. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  10. "Fernando Ónega abandona Antena 3 cansado del horario de sus noticias". El País (en castelán). Fernando Ónega abandona Antena 3 cansado del horario de sus noticias. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  11. "Onda Cero destituye a Fernando Ónega como director general". El País (en castelán). 24 de xaneiro de 2002. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  12. "Quiénes somos" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2020. 
  13. Premios Ondas Arquivado 04 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., páxina oficial.
  14. Decreto polo que se concede a Medalla Castelao no ano 2001.
  15. "Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio, Televisión e Internet.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  16. "Fernando Ónega recibe el premio periodístico Diego Bernal". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2020. 
  17. Os 125 galegos máis influentes Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine., 2010, Galicia Hoxe.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya