Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Fideo

Sopa de fideos
Prato de fideos típico de Cataluña
Un bol de noodles orientais con vitela.

Os fideos (internacionalmente coñecidos coma noodles) son unha clase de pasta de fariña, en forma de fío, que se come despois de cocida[1]. Son a base dalgúns pratos tales coma os espaguetes, ou os linguine (tallaríns) italianos, ou os soba ou os udon xaponeses. O termo refírese a miúdo tanto ás pastas húmidas cociñadas, como aos fideos secos que deben ser cociñados tanto fervendo coma enchoupando na auga.

É unha das pastas máis empregadas en Galicia e das primeiras que chegaron á gastronomía galega[2]. Cos fideos fanse sopas e pratos de pasta variados con carnes, mariscos e peixes.

Historia

Os chineses, árabes e italianos por igual sosteñen ter sido os primeiros en ter creado esta pasta con forma de fío. Sexa como for, a primeira referencia escrita dos fideos procede do leste da Dinastía Han entre o ano 25 e 220 d.C. En outubro de 2005 descubriuse o fideo máis vello do mundo en Lajia (cultura Qijia) ao longo do río Amarelo en Qinghai, China. Determinouse que a súa antigüidade era duns 4.000 anos e que quizais se elaboraron con paínzo (Setaria italica) e millo miúdo (Panicum miliaceum).[3]

Tipos de fideos como ingrediente

Fideos de ovo

Empregados xeralmente como unha mestura de ovo e fariña:

  • Fideos asiáticos de ovo, coñecidos como ba mee (บะหมี่) en tailandés, son moi comúns na China e o sueste de Asia e no Xapón.
  • Pasta - Denomínase así aos fideos elaborados.
  • Reshteh - Fideos de medio oeste.

Fideos de fariña

  • Mee pok (麪薄) - son planos, fideos amarelos chiness, moi populares no sueste de Asia.
  • Lamian (拉麵) - fideos estirados a man.
  • Chuka men (中華麺) - "fideos chineses" en xaponés, empregados para o ramen, chanpon e yakisoba.
  • Udon (うどん) - fideos grosos xaponeses.
  • Sōmen (そうめん) - finísimos fideos xaponeses.
  • A fideuà valenciana.

Fideos de arroz

Os fideos de arroz úsanse por exemplo en:

  • Vermicelli de arroz - finísimos fideos de arroz, coñecidos como mǐfěn ou been hoon (米粉) ou sen mee (เส้นหมี่).
  • Fideos planos de arroz, coñecidos como héfěn ou ho fun (河粉), kway teow ou sen yai (เส้นใหญ่).

Fideos de amidón

Estes fideos elabóranse co amidón dos garavanzos verdes ou patacas:

  • Fideo celofán, coñecidos tamén como fideos de cristal, ou feixóns vermicelli. fěnsī (粉絲) en chinés, harusame (春雨) en xaponés, wun sen (วุ้นเส้น) en tailandés.

Fideos de trigo negro

Os fideos elaborados de farina de trigo mouro ou sarraceno (Fagopyrum esculentum) son:

Tipos de fideos

Prato de fideos con varios ingredientes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya