A sopa[1] é un prato alimentario de base líquida ou pastosa que constitúe un elemento fundamental da gastronomía.
A sopa é un prato máis elaborado co caldo, e está destinada a inxerirse coa culler. No proceso de elaboración da sopa, vanse engandindo os diferentes ingredientes ao caldo orixinal. Segundo os ingredientes que se lle boten, as propiedades nutricionais e as súas características serán diferentes. Dependendo destes ingredientes pódense atopar diversos tipos de sopas: sopa de peixe, sopa de espárragos, sopa de cebolas etc. Algunhas destas sopas poden ter como ingrediente común o pan, o cal se engade no momento do consumo, xeralmente en anacos ou rabandas. Existen tamén outros ingredientes especialmente indicados para este tipo de prato, por exemplo os fideos, as estreliñas ou as letras, todos eles feitos con pasta de fariña e ovo. En xeral, calquera alimento propenso a ser cocido pode ser empregado para a sopa, como o polo, o porco, a vaca, o marisco, o peixe e o xamón. Outros ingredientes que se adoitan empregar nas sopas son o sal, o perexil e o ovo duro picado.
Tamén existe unha variedade comercial de sopa deshidratada, normalmente obtida por liofilización, con todos os seus ingredientes, que pode empregarse para elaborar este alimento dun xeito rápido e doado.
Tipos de sopas
Entre as distintas clases de sopas pódense distinguir pola temperatura á que se serven: distinguíndose entre sopas frías e quentes.
As cociñas do Sueste Asiático e as cociñas asiáticas empregan unha gran variedade de sopas de fideos con diferentes tipos de caldos de peixe e mariscos, na que empregan diferentes tipos de fideos segundo os países, sendo un elemento diferenciador da cociña de occidente fronte á cociña de oriente.