Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Sopa de cebola

Sopa de cebola

Prato de sopa de cebola.
Tipo Sopa
Orixe Francia
Ingredientes
Orixe animal Queixo
Orixe vexetal Cebola
Pan

A sopa de cebola (en francés: Soupe à l'oignon) é un caldo no que o ingrediente principal é a cebola (aínda que normalmente leva unha base de pan). É unha sopa moi coñecida orixinaria de Francia. Hoxe é unha das sopas  máis populares, e aínda se pode atopar en forma de sopa instantánea en case calquera supermercado no mundo occidental.

Consumo

Para a elaboración do prato é preciso cortar algunhas cebolas en forma de brunoise ou xuliana e, a continuación, fritir en manteiga (compoñente da versión chamada "francesa") ou calquera outro aceite vexetal. Todo isto cócese máis tarde en auga e fariña (é un tipo de Roux). Sérvese polo xeral quente nun tipo de recipiente coa cebola flotando sobre algúns anacos de pan branco.

Historia

Aparece por primeira vez esta "versión francesa" de sopa de cebola co nome de "Soupe d'oignons aux Halles" no século XVIII[1] no Halles de París (o antigo mercado). Era considerado no pasado (Revolución Francesa) como un prato humilde, feito con ingredientes sinxelos, ás veces identificado con períodos de abstinencia.

Notas

  1. Margaret Fulton (30 de novembro de 2011). . Margaret Fulton Favourites: The Much-Loved, Essential Recipes from a Lifetime of Cooking. Hardie Grant Publishing. ISBN 978-1-74066-906-1. 
Kembali kehalaman sebelumnya