O filme Un lugar en el mundo presentado polo Uruguai, foi descualificado logo de seren anunciados os nomeamentos a comezos de 1993, xa que se descubriu que o filme tiña unha produción maioritariamente arxentina cunha achega mínima de uruguaios. Estonia, Casaquistán, Letonia e Rusia participaron por vez primeira. Malia ser descualificado o ano anterior por non ter recoñecemento internacional como país, Croacia presentou un filme aceptado pola academia por vez primeira.