Negara Kesatuan Republik Indonesia (id) Republik Indonesia (ms) Indonesia (ms) Republik Indonesia (id) Republic of Indonesia (en) Unitary State of the Republic of Indonesia (en) Negara Kesatuan Republik Indonesia (ms) Indonesia (id) Indonesia (en)
O arquipélago indonesio é unha rexión importante para o comercio xa dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da segunda guerra mundial.
Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos.
A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o maior grupo étnico e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose na lista dos países megadiversos.[2]
Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.
Etimoloxía
A verba "Indonesia" deriva do latínIndus, que significa "India" e do grego νῆσος nesos, que significa "illa".[3] O nome data do século XVIII, precedendo a formación da Indonesia independente.[4] En 1850, George Earl, un etnólogo inglés, propuxo os termos Indunesians, ou tamén Malayunesians, para referirse aos habitantes do "arquipélago indio" ou do "arquipélago malaio".[5] Na mesma publicación, un estudante de Earls, James Richardson Logan, utiliza a palabra "Indonesia" como sinónimo para "arquipélago indio".[6][7] Mais os académicos neerlandeses que escribían publicacións nas Indias Orientais non utilizaban a verba "Indonesia", utilizaron termos como Maleische Archipel ("Arquipélago Malaio"); Nederlandsch Oost Indië (Indias Orientais Neerlandesas); de Oost (o Leste); ou incluso Insulinde.[8][9]
Desde 1900, o nome "Indonesia" tornouse máis común nos círculos académicos de fóra dos Países Baixos, e grupos nacionalistas indonesios adoptárono para a súa expresión política. Adolf Bastian, da Universidade de Berlín, popularizou o nome a través do seu libro Indonesien oder die Islas des Malayischen Archipels, 1884–1894. O primeiro erudito indonesio en utilizar o nome foi Suwardi Suryaningrat (Ki Hajar Dewantara), cando en 1913 estableceu unha imprenta nos Países Baixos co nome Indonesisch Pers-mesa'.
Restos fosilizados de homo erectus, popularmente coñecido como o home de Xava, suxiren que o arquipélago indonesio foi habitado desde hai dous millóns de anos aproximadamente.[10] O Homo sapiens chegou á rexión ao redor de 43.000 a.C.[11] Os austronesios, quen constitúen a maioría da poboación contemporánea, emigraron ao sueste asiático desde o actual Taiwán. Ao redor do ano 2000 a. C., chegaron a Indonesia e mentres expandían os seus territorios, confinaron os melanesios nativos a habitar as illas máis orientais do arquipélago.[12] A principios do século VIII a. C., as condicións agrícolas ideais e o perfeccionamento das técnicas para o cultivo de arroz permitiron o xurdimento de pequenas aldeas, vilas e reinos.[13] A posición estratéxica de Indonesia fomentou o comercio interinsular e internacional. Por exemplo, os vínculos comerciais con reinos indios e a China establecéronse varios séculos a. C.,[14] co que se demostra que o comercio foi parte fundamental na historia de Indonesia.[15][16]
Influencias indias e musulmás
Desde o século VII d. C., floreceu o poderoso reino naval de Srivijaya, como resultado do comercio e as influencias do hinduísmo e do budismo que se importaron con eles.[17][18] Entre os séculos VIII e X, prosperaron e desapareceron as dinastías Saliendra e Mataram, deixando grandes monumentos relixiosos na illa de Xava, tales como Borobudur (Sailendra) e Prambanan (Mataram). Durante o século XIII, fundouse o reino hindú de Majapahit no oriente da illa de Xava, e baixo o mando de Gajamada, a súa influencia expandiuse sobre gran parte de Indonesia, dando lugar a un período que a miúdo se coñece como a "idade de ouro" da historia de Indonesia.[19]
Aínda que os comerciantes musulmáns viaxaron a través do sueste asiático desde principios da era islámica, os primeiros vestixios de poboacións musulmás en Indonesia remóntanse ao século XIII no norte de Sumatra.[20] Gradualmente, outras áreas indonesias adoptaron o islam, e desde finais do século XVI é a relixión dominante en Xava e Sumatra. Na súa maior parte, as prácticas islámicas atópanse superpostas e combinadas con outras influencias culturais e relixiosas que existían previo á súa chegada, que deron forma á corrente predominante do islam en Indonesia, especialmente na illa de Xava.[21]
Durante a maior parte do período colonial, o control neerlandés sobre o arquipélago foi tenue fora dalgunhas illas e zonas costeiras. As tropas neerlandesas constantemente dedicábanse a sufocar rebelións dentro e fóra da illa de Xava. A influencia dos dirixentes locais, tales como o príncipe Diponegoro en Xava central, Imam Bonjol en Sumatra central e Pattimura nas Molucas; ademais dunha guerra sanguenta en Aceh que durou trinta anos, debilitaron os neerlandeses e reduciron as forzas militares coloniais.[24][25][26] A pesar das profundas divisións políticas e sociais, durante a guerra de independencia os indonesios uníronse na súa loita pola liberdade.[27] So a principios do século XX o dominio neerlandés ampliouse ao que posteriormente serían os límites actuais de Indonesia.[28][29][30][31]
Independencia
Sukarno (esquerda) e Hatta (dereita), Os pais fundadores de Indonesia e os primeiros presidente e vicepresidente
Sukarno pasou da democracia cara ao autoritarismo e mantivo o poder ao equilibrar as forzas opostas dos militares , o islam político e o cada vez máis poderoso Partido Comunista de Indonesia (PKI).[44] O 30 de setembro de 1965, un intento de golpe de estado foi contrarrestado polo exército liderado polo xeneral Suharto, quen instigou unha violenta campaña anticomunista, durante o cal se atribuíu ao PKI o intento de golpe de estado e o partido foi disolto.[45][46][47] Entre 500 000 e un millón de persoas foron asasinadas durante estes enfrontamentos.[48][49] O xefe do exército, o xeneral Suharto, suplantou o xa debilitado Sukarno e en marzo de 1968 foi nomeado formalmente presidente. A administración da "nova orde" (indonesio: Orde Baru ou Orba) termo acuñado por Suharto[50] foi apoiada polo goberno dos Estados Unidos,[51][52][53] e alentou o investimento estranxeiro directo no país, un factor importante para o crecemento económico nas tres décadas posteriores. Con todo, a "nova orde" autoritaria foi amplamente acusado de corrupción e represión violenta da oposición política.
Entre 1997 e 1998, Indonesia foi o país máis duramente afectado pola crise financeira asiática.[54] Isto aumentou o descontento popular coa "nova orde"[55] e as protestas populares incrementáronse ata que Suharto dimitiu o 21 de maio de 1998.[56] En 1999, Timor Oriental votou a favor de separarse de Indonesia, despois dunha ocupación militar de vinte e cinco anos, que estivo marcada pola condena internacional e dunha brutal represión dos timorenses.[57][58] Tras a renuncia de Suharto asume o poder o vicepresidente Jusuf Habibie ata a realización das primeiras eleccións presidenciais o 7 de xuño de 1999 nas que Abdurrahman Wahid é elixido presidente. O 23 de xullo do 2001 é obrigado a dimitir, e Megawati Sukarnoputri, filla do primeiro presidente Sukarno e vicepresidente de Wahid, convértese na nova presidente. Nas seguintes eleccións realizadas o 5 de abril de 2004 resultou electo Susilo Bambang Yudhoyono, que será presidente ata outubro de 2014 en que é elixido Joko Widodo. A inestabilidade política e económica, a axitación social, a corrupción e o terrorismo frearon o progreso. Aínda que as relacións entre diferentes grupos relixiosos e étnicos son en gran medida harmoniosas, o descontento de varias minorías e a violencia seguen sendo problemas nalgunhas rexións.[59]
Con 4884 msnm, o Puncak Jaya en Papúa é o monte máis alto e máis grande de Indonesia, mentres o lago Toba en Sumatra é o maior lago do país, cunha área de 1145 km². Os maiores ríos de Indonesia están nas illas de Kalimantan e Nova Guinea e inclúen o Kapuas, Barito, Mamberamo, Sepik e Mahakam. Serven como ligazóns de comunicación e transporte entre os asentamentos fluviais da illa.[64]
Xeoloxía
A localización de Indonesia nos bordos das placas tectónicasdo Pacífico, a Eurasiática e a Indoaustraliana, convértena nun lugar con numerosos volcáns e con terremotos frecuentes. Indonesia ten polo menos 150 volcáns activos,[65] incluíndo o Krakatoa e o Tambora, famosos polas súas erupcións devastadoras no século XIX. A erupción do supervolcánToba, fai aproximadamente 70 000 anos, foi unha das maiores erupcións xamais vistas e unha catástrofe de alcance mundial. Entre os desastres ocasionados pola actividade sísmica recente atópanse o maremoto de 2004 que matou a preto de 167 736 persoas no norte de Sumatra,[66] e o terremoto de Xava de maio de 2006. Con todo, a cinza volcánica é un dos principais factores que contribúen a gran fertilidade do chan, feito que mantivo historicamente as densidades de poboación de Xava e Balí.[67]
Clima
Indonesia atópase ao longo do ecuador e o seu clima tende a ser relativamente uniforme durante todo o ano,[68] polo que tan so ten dúas estacións, unha estación húmida e unha estación seca, sen grandes variazóns entre o verán e o inverno;[69] a temperatura media de Iacarta é de 26 a 30 °C.[70] Para a maior parte do territorio de Indonesia, a estación seca cae entre maio e outubro e a estación húmida entre novembro e abril.[69] O clima de Indonesia é case enteiramente tropical, dominado polo clima de selva tropical que se atopa en todas as grandes illas de Indonesia.
A precipitación anual media varía de 1780 mm nas terras baixas, ata 6100 mm nas rexións montañosas. As zonas montañosas da costa oeste de Sumatra, Xava Occidental, Kalimantan, Célebes e Papúa reciben a maior parte das precipitacións. Xeralmente, a humidade é elevada, cunha media de aproximadamente o 80 %.
O tamaño, o clima tropical e a xeografía do arquipélago indonesio converteno no terceiro país con maior nivel de biodiversidade do mundo[71] (despois do Brasil e o Perú),[72] sendo a súa flora e fauna unha mestura de especies provenientes de Asia e Australasia.[73] Unha vez vinculadas co continente asiático, as illas de Sumatra, Xava, Borneo e Balí, teñen unha gran variedade de fauna asiática. Grandes especies como o tigre de Sumatra, os rinocerontes, o orangután, o elefante asiático e o leopardo, algunha vez foron abundantes ata chegar o extremo oriental de Balí, pero o número de individuos e a súa distribución reducíronse drasticamente. Durante moito tempo, as illas Célebes, Nusa Tenggara e Molucas, atopábanse separadas das terras emerxidas continentais, polo que desenvolveron a súa propia flora endémica e a súa fauna, únicas no mundo.[74][75] Os bosques cobren aproximadamente o 70 % do país.[76] En Sumatra e Kalimantan, predominan as especies vexetais de Asia. Con todo, os bosques máis pequenos e máis densamente poboados da illa de Xava, foron arrasados en gran medida debido ás actividades humanas. Papúa formaba parte da masa de terra australiana e é fogar dunha flora e fauna estreitamente relacionada coa de Australia.
Só Australia supera a Indonesia en canto ao grao de endemismo nas súas especies, co 26 % das 1531 especies de aves e o 39 % das súas 515 especies de mamíferos endémicos.[77] Os 54 716 quilómetros de litoral[1] están rodeados de mares tropicais que contribúen ao alto nivel de biodiversidade do país. Indonesia ten unha ampla gama de ecosistemas mariños, incluíndo praias, dunas, estuarios, mangleirais, arrecifes de coral, campos de algas mariñas, chairas de marea, marismas, e ecosistemas insulares pequenos. O naturalista británico, Alfred Wallace, describe unha liña divisoria entre a distribución e a convivencia das especies de Asia e Australasia en Indonesia.[78] Unha liña imaxinaria coñecida como a liña de Wallace, corre de norte a sur ao longo do bordo da plataforma da Sonda, entre Kalimantan e Célebes, ao longo do profundo estreito de Lombok, entre as illas de Lombok e Balí. Ao oeste da liña, a flora e fauna é máis asiática; ao avanzar cara ao oriente de Lombok, cada vez hai máis especies australianas. No seu libro de 1869, The Malay Archipelago (O arquipélago Malaio), Wallace describiu numerosas especies únicas da zona.[79] A rexión das illas entre a súa liña e Nova Guinea denomínase agora Wallacea.[78]
Cinco das provincias teñen un carácter especial e cada provincia ten a súa propia lexislatura e gobernador. As provincias subdivídense en rexencias (kabupaten) e cidades (kota), que á súa vez se subdividen en subdistritos (kecamatan) e pobos (desa ou kelurahan). Trala posta en funcionamento de medidas de autonomía rexional en 2001, as rexencias e as cidades convertéronse nas unidades administrativas claves, responsables de proporcionar a maioría dos servizos gobernamentais.
Indonesia sufriu de grandes problemas económicos no final dos anos noventa, pero a economía reestabilizouse recentemente.
O país conta con extensos recursos naturais como petróleo, gas natural, cobre e ouro. A súa agricultura produce principalmente arroz, té, café, especias e goma. Tamén son moi importantes as madeiras tropicais, das que Indonesia é un gran produtor e exportador. Desgraciadamente, gran parte da talla non está controlada, coas consecuencias que iso carrexa.
A industria de bens de consumo é tamén moi importante, producindo en grande escala bens para exportación. Destacan o sector téxtil e o da electrónica.
No ano 2007, Indonesia tiña unha poboación de 245 452 739 habitantes. A esperanza de vida é de 70 anos. O 87,9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2,38.
As dúas maiores cidades de Indonesia están en Xava: Iacarta, cunha poboación de 8 222 515 habitantes (censo de 1990), é a capital e o principal centro comercial. Outras cidades importantes de Xava son Surabaia (2 473 272 hab.), Bandung (2 056 915) e Semarang (1 249 230).
En Sumatra, atópase a cidade de Medan, a capital da provincia de Sumatra setentrional, cunha poboación (1990) de 1 730 052 habitantes, e Palembang, no sur, con 1 140 918 habitantes. Ujung Pandang (antiga Makasar), en Célebes, conta con 944.372 habitantes e Banjarmasin, en Borneo, con 480.737 habitantes.
A illa de Xava cunha área de soamente 132.000 km², está habitada por 114 millóns de persoas o cal representa unha densidade de poboación de 864 persoas por quilómetro cadrado e convértea nun dos lugares máis densamente poboados do mundo. Se Xava fose un país independente, sería o segundo país máis denso do mundo, logo de Bangladesh.
Cultura
A cultura de Indonesia resultou da longa interacción entre as formas culturais indíxenas e as influencias estranxeiras. Indonesia localízase no centro do antigas rutas comerciais entre Extremo Oriente, Asia Meridional e o Oriente Medio, o que resultou en que moitas das prácticas culturais foran fortemente influenciadas por múltiples relixións, hinduísmo, budismo, confucianismo, islam e cristianismo. O resultado é unha complexa mestura moi diferente das culturas indíxenas orixinais. Así danzas xavanesas conteñen aspectos da cultura e mitoloxía hinduísta.
Tamén son coñecidos os espectáculos de teatro de sombras wayang kulit de Xava, onde se representan diversos eventos mitolóxicos.
Lingua
Aínda que no país son faladas 742 linguas,[82], a lingua indonesia é a oficial do estado. É ensinada nas escolas e falado por case toda a poboación, amais de ser o idioma usado nos negocios, a política, os medios de comunicación estatais, o ensino e o mundo académico. Na década de 1920 o nacionalismo indonesio comezou a promover o idioma, declarado oficial en 1945 tras a proclamación de independencia do país. O indonesio foi construído a partir dunha lingua franca usada amplamente en toda a rexión do sueste asiático, polo que se encontra estreitamente relacionado co malaio, oficial en Malaisia, Brunei e Singapur.
A maior parte da poboación indonesia fala canto menos un dos idiomas locais (bahasa daerah), decote como lingua materna. Entre eles, o xavanés é o máis falado, ao corresponder ao grupo étnico maior.[83] Por outra parte, en Papúa fálanse máis de 500 linguas papúas e linguas austronesias, nunha rexión de só 2,7 millóns de persoas.
Boa parte da poboación que asistiu á escola antes da declaración de independencia aínda sabe falar o neerlandés, e hai interese entre a xente nova por aprender esta lingua.[84]
Relixión
Aproximadamente un 80% da poboación indonesia profesa a relixión islámica, o que converte a Indonesia na maior nación musulmá do mundo. O 20% restante divídese entre católicos, protestantes, budistas e hinduístas. En números marxinais, sobre todo en zonas remotas de Borneo e a Papúa Indonesia, existen crenzas animistas.
↑Publicado por "Like Minded Megadiverse Countries" (LMMC) (ed.). "Member Countries"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2007. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
↑Tomascik, T.; Mah, J.A., Nontji, A., Moosa, M.K. (1996). Periplus Editions Ltd., ed. The Ecology of the Indonesian Seas. Volume 1. Hong Kong. ISBN 962-593-078-7.
↑Irfan Anshory (2004). "Asal Usut Nama Indonesia". Rikiran Rakyat.com(en indonesio). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
↑Earl, George S. W. (1850). "On The Leading Characteristics of the Papuan, Australian and Malay-Polynesian Nations". Periódico do Arquipélago Indio e Asia Oriental(en inglés) (Indonesia): 119.
↑Logan, James Richardson (1850). "The Ethnology of the Indian Archipelago: Embracing Enquiries into the Continental Relations of the Indo-Pacific Islanders". Periódico do Arquipélago Indio e Asia Oriental(en inglés) (Indonesia) 4: 252–347.
↑Earl, George S. W. (1850). "On The Leading Characteristics of the Papuan, Australian and Malay-Polynesian Nations". Journal of the Indian Archipelago and Eastern Asia(en inglés): 254, 277–278.
↑Este termo foi introducido en 1860 na novela Max Havelaar, escrita por Multatuli, a cal contén varias críticas contra o colonialismo neerlandés.
↑Van Mook, Hubertus J. (1949). "Indonesia". Royal Institute of International Affairs(en inglés) (Londres) 25 (3): 274–285. Consultado o 26 de noviembre de 2009.
↑Cribb, Robert (2002). "Unresolved Problems in the Indonesian Killings of 1965-1966". Asian Survey(en inglés)42 (4): 550–563. doi:10.1525/as.2002.42.4.550.
↑Legge, John D. (1968). "General Suharto's New Order". Royal Institute of International Affairs(en inglés)44 (1): 40–47. Consultado o 26 de novembro de 2009.
↑U.S. Departament of State (1965). "Documents 142-164". State.gov(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2002. Consultado o 26 de novembro de 2009.
↑Monk, K.A.; Fretes, Y.; Reksodiharjo-Lilley, G. (1996). The Ecology of Nusa Tenggara and Maluku. Hong Kong: Periplus Editions Ltd. ISBN962-593-076-0.
↑Whitten, T.; Henderson, G.; Mustafa, M. (1996). Periplus Editions Ltd., ed. The Ecology of Sulawesi. Hong Kong. ISBN978-962-593-075-6.; Monk, K.A.; Fretes, Y.; Reksodiharjo-Lilley, G. (1996). Periplus Editions Ltd., ed. The Ecology of Nusa Tenggara and Maluku. Hong Kong. ISBN978-962-593-076-3.
↑United Nations Association of Norway, ed. (18 de decembro de 2014). "Indonesia"(en noruegués). Consultado o 5 de xuño do 2020.
↑ 78,078,1Severin, Tim (1997). The Spice Island Voyage: In Search of Wallace. Gran Bretaña: Abacus Travel. ISBN0-349-11040-9.
↑Wallace, A. R. (2000 [originalmente 1869]). The Malay Archipielago. Periplus Editions. ISBN962-593-645-9.
↑ 80,080,1Jason R. Miller (1997). "TEDCase Study". Deforestation in Indonesia and the Orangutan Population(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2009. Consultado o 5 de xuño do 2020.
↑Paul Massicot (2006). "Animal Info - Indonesia". Animal Info.com(en inglés). Consultado o 5 de xuño do 2020.
↑Herbert Puchta; Jeff Stranks (2010) [2004]. "Learning languages". English in Mind(en inglés). Cambridge University Press. p. 63. ISBN9788483237908.