Fortaleza é un municipio do nordeste do Brasil e cidade capital do estado de Ceará. É un importante centro turístico, moi visitado por europeos e por brasileiros por mor das súas praias[Cómpre referencia], como a Praia do Futuro, no leste da cidade. Tiña unha poboación duns 2 141 402 habitantes segundo o censo de 2000. A súa área total é 336 km2. A súa rexión metropolitana tiña 3,1 millóns de habitantes en 2000.
Historia e características
Fortaleza é tamén un centro comercial, cultural e universitario importante, e aínda ten na súa proximidade o porto de Pecém. Foi fundada polos holandeses en 1649, baixo o nome de Schoonenborch. En 1654, os holandeses se retiraron e os portugueses tomaron a cidade.
Lugares de interese
O Museu da Imaxen e do Som, a Casa José de Alencar e o Centro Cultural Dragão do Mar, este derradeiro inaugurado en 1998, próximo á praia de Iracema.
Cómpre salientar o interese da danza rexional, chamada "forró".
Galería de imaxes
Vista da praia de Meireles, próxima ao centro de Fortaleza.