Félix Calviño Gómez, nado en Alemparte (Lalín) en 1944, é un escritor galego en lingua inglesa.
Traxectoria
Marchou a Inglaterra para evitar facer o servizo militar. Desde alí foi a Australia en 1969. Viviu en Sidney, Melbourne e Brisbane. Ten dúas obras publicadas, un libro de relatos, titulado A Hatful of Cherries (Arcadia, 2007) e unha novela, Alfonso (Arcadia, 2013). Un dos seus relatos, titulado "Unfinished Thoughts", foi levado ao cinema en forma de curtametraxe e foi premiado na categoría de mellor actriz nos South Australian Screen Awards do 2011, nos cales obtivo oito nomeamentos. Ademais, foi tamén escollida para participar como mellor curtametraxe no festival de Melbourne The City of Melbourne Emerging Filmmaker Award no 2012.
Obras
- A Hatful of Cherries (Arcadia, 2007).
- Alfonso (Arcadia, 2013).
Véxase tamén
Ligazóns externas