Gdańsk (en polaco[ˈɡdaɲsk] (AFI), en caxubioGduńsk) é unha cidade polaca, antigamente coñecida coma Danzig (en alemán[ˈdantsɪç] (AFI)) e tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik eDantzig. É a capital da rexión de Pomerania con preto de 464.000 habitantes, sendo a sexta cidade máis poboada do país e a súa maior cidade portuaria.
A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: na segunda guerra mundial foi o primeiro escenario de enfrontamententos armados, ao ser asaltada polo exército alemán; e durante a guerra fría, por seren os seus estaleiros o lugar que viu nacer o sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarność) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista.
A súa conurbación metropolitana é tan grande que se une con outras dúas cidades (Gdynia e Sopot), sendo coñecido coloquialmente o conxunto como "as tres cidades" (en polaco: Trójmiasto).