Caddy Adzuba, nada en Bukavu o 5 de abril de 1981 é unha avogada, xornalista e activista polos dereitos das mulleres congolesa. O seu foco principal é a loita contra a violencia sexual na República Democrática do Congo.[1]
Traxectoria
Caddy Adzuba é a máis vella de oito irmáns nados nun barrio adiñeirado de Bukavu. Graduouse en dereito pola Universidade de Bukavu en 2005.
Segundo a rede IFEX, grupo de organizacións que defenden a liberdade de expresión no mundo, Adzuba decidiu traballar na promoción dos dereitos humanos cando a guerra a botou do seu fogar con dezaseis anos.[2] Despois de ser separada da súa familia e ser testemuña do sufrimento das persoas, "decidiu facer algo polos dereitos humanos".[2]
Axudou a fundar a rede Un Altavoz para el Silencio, dando conta da violencia sexual contra as mulleres no seu país. Tamén é membro da Asociación de Mulleres dos Medios do Congo Oriental.[3][4] Caddy Adzuba tamén foi unha das fundadoras da Women's Alliance for the Promotion of Human Rights.[2]
Traballa como xornalista en Radio Okapi, canal de radio oficial da misión das Nacións Unidas na República Democrática do Bongo. A loita contra a tortura e a violación continúa a ser unha das súas prioridades, motivo polo que recibiu ameazas de morte.[2][5]
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|