As illas habitáronse nalgún momento entre os anos 30.000 e 28.800 a.C., con ondas posteriores de migrantes, en particular os Lapita, mesturando e producindo a poboación indíxena moderna das Illas Salomón. En 1568, o navegante español Álvaro de Mendaña foi o primeiro europeo que os visitou, nomeándoas como Islas Salomón.[5] Mendaña regresou décadas despois, en 1595, e outra expedición española, dirixida polo navegante portugués Pedro Fernandes de Queirós, visitou as Salomóns en 1606. Gran Bretaña definiu a súa área de interese no arquipélago das Illas Salomón en xuño de 1893, cando o Capitán Gibson, R.N., do HMS Curacoa, declarou o sur das Illas Salomón protectorado británico.[6][7] Durante a segunda guerra mundial, a Campaña das Illas Salomón (1942–1945) viu fortes loitas entre os Estados Unidos, as forzas da Commonwealth Británica e o Imperio do Xapón, incluíndo a Batalla de Guadalcanal.
En 1568, o navegante español Álvaro de Mendaña foi o primeiro europeo en visitar o arquipélago das Illas Salomón, bautizándoo como Islas Salomón ("Illas Salomón") na honra do bíblico rei Salomón.[5] Dise que recibiron este nome na suposición errónea de que contiñan grandes riquezas,[8] e cría que eran a cidade e Ofir mencionada na Biblia.e Ofir[9] Durante a maior parte do período colonial, o nome oficial do territorio foi "British Solomon Islands Protectorate" ata 1975, cando se cambiou a "Salomon Islands".[10][11] O artigo definido, "as" , non forma parte do nome oficial do país pero ás veces úsase, tanto dentro como fóra do país. Coloquialmente as illas denomínanse simplemente "as Salomón".[12]
Historia
A historia humana das Illas Salomón comeza co primeiro asentamento dos Papúes hai polo menos 30.000 anos procedentes de Nova Guinea. Representaron a maior expansión dos humanos no Pacífico ata a expansión dos falantes de lingua austronesia pola zona ao redor do 4000 a.C., traendo novas tecnoloxías agrícolas e marítimas. A maioría das linguas que se falan hoxe nas Illas Salomón derivan desta época, pero sobreviven unha trintena de linguas dos colonos preaustronesios. A maioría das persoas que se asentaron alí naquela época eran papúes (ver Linguas de Papúa Oriental).
Nas Illas Salomón consérvanse numerosos monumentos culturais preeuropeos, en particular o complexo de santuarios megalíticos de Bao (século XIII d.C.), a fortaleza e santuarios de Nusa Roviana (séculos XIV-XIX), a illa Vonavona Skull (caveira), todo na provincia occidental. A fortaleza de Nusa Roviana, os santuarios e as aldeas circundantes serviron como centro das redes comerciais rexionais nos séculos XVII e XIX. Os santuarios de caveiras de Nusa Roviana son lugares de lendas. Máis coñecido é o santuario de Tiola, lugar do lendario can de pedra que se dirixiu cara á dirección de onde viña o inimigo de Roviana.[13] Este complexo de monumentos arqueolóxicos caracteriza o rápido desenvolvemento da cultura local roviana, a través do comercio e das expedicións de caza de cabezas que se converteron en potencia rexional entre os séculos XVII e XVIII.[14]
Contacto europeo
Os barcos do explorador español Álvaro de Mendaña de Neira avistaron por primeira vez a illa de Santa Isabel o 7 de febreiro de 1568. Atopando sinais de ouro aluvial en Guadalcanal, Mendaña cría atopar a fonte da riqueza do Rei Salomón e, en consecuencia, chamou as illas "As Illas de Salomón".
En 1595 e 1605 España enviou de novo varias expedicións para atopar as illas e establecer unha colonia, porén estas non tiveron éxito. En 1767 o capitán Philip Carteret redescubriu as Illas Santa Cruz e Malaita. Máis tarde, navegantes holandeses, franceses e británicos visitaron as illas, a súa recepción era moitas veces hostil.
Sikaiana, entón coñecidas como illas Stewart, foron anexionadas ao Reino de Hawai en 1856. Hawai non formalizou a anexión, e os Estados Unidos negáronse a recoñecer a soberanía hawaiana sobre Sikaiana cando os Estados Unidos se anexionou a Hawai en 1898.
A actividade misioneira comezou entón a mediados do século XIX e as ambicións coloniais europeas levaron ao establecemento dun protectorado alemán sobre as Illas Salomón do Norte, que ocupou partes do que hoxe son as Illas Salomón, tras un Tratado anglo-alemán de 1886. En xuño de 1893 proclamouse un Protectorado Británico das Illas Salomón sobre as illas do sur. Os intereses de Alemaña foron transferidos ao Reino Unido baixo a Convención Tripartita de Samoa de 1899, a cambio do recoñecemento da reivindicación alemá de Samoa Occidental.
En 1927 o comisario de distrito William R. Bell foi asasinado en Malaita, xunto cun cadete chamado Lillies e 13 nativos das Salomón ao seu cargo. Procedeu unha expedición punitiva masiva, coñecida como masacre de Malaita, polo menos 60 Kwaios foron asasinados, case 200 detidos en Tulagi (a capital do protectorado), e moitos lugares e obxectos sagrados foron destruídos ou profanados. Basiana, quen matara a Bell, foi aforcado publicamente o 29 de xuño de 1928.
Aínda en 1970, o protectorado británico non contemplaba a independencia das Illas Salomón nun futuro previsible. Pouco despois, os custos financeiros de apoiar ao Protectorado fixéronse máis difíciles, xa que a economía mundial viuse afectada pola primeira crise dos prezos do petróleo de 1973. Tamén se pensaba que a inminente independencia de Papúa Nova Guinea (en 1975) influíu nos administradores do Protectorado.
Fóra dunha elite educada moi pequena en Honiara, había pouca base no camiño do movemento de independencia indíxena nas Salomóns. O autogoberno foi concedido en xaneiro de 1976 e en xullo de 1976, Sir Peter Kenilorea converteuse no primeiro ministro que conduciría o país á independencia. A independencia concedeuse o 7 de xullo de 1978 e Kenilorea converteuse automaticamente no primeiro primeiro ministro do país. A consecuente revolta civil levou a un paro case total da actividade normal, os operarios públicos sufriron atrasos no cobro dos salarios durante meses, e as reunións do goberno tiveron que realizarse en segredo para impedir a interferencia dos señores da guerra locais. As forzas de seguridade foron incapaces de restaurar o control, en gran medida porque moitos dos membros da policía e doutras forzas de seguridade están asociados a un ou outro dos grupos rivais.
Violencia étnica (1999–2003), guerra civil
A principios de 1999, as tensións entre os habitantes de Guadalcanal e os migrantes chegados da veciña illa de Malaita, provocaron violentos enfrontamentos. O Guadalcanal Revolutionary Army (en galego, Exército Revolucionario de Guadalcanal), máis tarde coñecido como Movemento de Liberdade Isatabu (IFM), que esixía un goberno federal para a illa de Guadalcanal e o cambio de nome a Isatabu,,[15] comezou a realizar accións terroristas contra os malaitanos que vivían no rural coa intención de expulsalos das súas casas. Ao redor de 20.000 malaitanos deixaron as súas casas e trasladáronse á capital ou á illa de Malaita.
Mentres tanto, formouse a Malaita Eagle Force (MEF) para defender os intereses dos malaitanos. O goberno non tivo máis remedio que pedir axuda ao Secretario Xeral da Commonwealth. O 28 de xuño de 1999 alcanzouse o Acordo de Paz de Honiara. A pesar dunha aparente resolución do conflito, os problemas continuaron e en xuño de 2000 volveu estalar a violencia en violación do acordo de paz.
O 5 de xuño de 2000, a EMF conseguiu asaltar o parlamento coa axuda de varios tanques. Unha vez no poder, destituíron ao primeiro ministro Bartholomew Ulufa'alu.[16] O 30 de xuño, o Parlamento elixiu por pouco a Manasseh Sogavare como novo primeiro ministro. Sogovare creou unha Coalición para a Unión Nacional, a Reconciliación e a Paz, que estableceu un programa de accións para tratar de resolver o problema étnico, mellorar a economía e distribuír de forma máis equitativa os beneficios do desenvolvemento. Porén, o goberno de Sogarave foi moi corrupto e as súas medidas provocaron a deterioración da economía, da lei e do orden.
O conflito foi causado principalmente polo acceso á terra e outros recursos, e os disturbios e loitas centráronse na capital, Honiara. Estímase que as mortes foron cen e houbo uns 30.000 desprazados, principalmente malaitanos. Debido aos combates, a actividade económica de Guadalcanal viuse profundamente afectada.
Os continuos disturbios provocaron un colapso da economía. Os funcionarios non cobraban e as reunións do goberno tiñan que celebrarse en segredo para evitar que os señores da guerra interveñan. As forzas de seguridade non puideron restablecer a orde e moitas das forzas de seguridade puxéronse do lado dun ou doutro.
En xullo de 2003, o Gobernador Xeral das Salomón, co apoio unánime do parlamento, pediu asistencia internacional para resolver o conflito. O goberno aprobou unha lei para darlle poderes amplos ás tropas internacionais.
A mediados de xullo de 2003, o parlamento das Salomón votou por unanimidade a favor da intervención. A forza internacional comezou a reunirse en Townsville, para trasladarse ás illas en agosto de 2003. As forzas de paz recibiron o nome de "Misión de Asistencia Rexional ás Illas Salomón (RAMSI)" ou "Operación Helpem Fren". Australia foi o país que máis tropas achegou, sendo a súa achega coñecida como "Operación Ánodo", aínda que outros países do Pacífico Sur tamén achegaron tropas, como Nova Zelandia, Fidxi e Papúa Nova Guinea, entre outros. As tropas actuaron como unha forza policial e a súa responsabilidade era restaurar a orde no país, debido á ineficacia da policía local (Policía Real das Illas Salomón). As tropas internacionais melloraron a seguridade na zona e lograron capturar a Harold Keke en agosto de 2003.
A situación estabilizouse, pero o país afrontou graves problemas económicos, deforestación e malaria.
En 2019, o goberno central do primeiro ministro Manasseh Sogavare retirou o recoñecemento da República da China (Taiwán) e estableceu relacións coa continental República Popular Chinesa. A Provincia de Malaita, con todo, seguiu contando co apoio de Taiwán e os Estados Unidos, estes últimos enviaron 25 millóns de dólares de axuda á illa en 2020.[17] O primeiro ministro da provincia de Malaita, Daniel Suidani, tamén celebrou un referendo de independencia en 2020 que o goberno nacional descartou por ilexítimo.[18] O aumento do paro e a pobreza, agravados polo peche da fronteira durante a pandemia de COVID-19, tamén foron citados como causas dos disturbios.[19] As empresas chinesas tamén foron acusadas de dar traballo a estranxeiros no canto de locais.[20]
As protestas foron inicialmente pacíficas,[21] pero volvéronse violentas o 24 de novembro de 2021 despois de que edificios adxacentes ao Edificio do Parlamento das Illas Salomón[22] foran incendiados. As escolas e as empresas foron pechadas cando a policía e as forzas gobernamentais enfrontáronse cos manifestantes. A violencia aumentou cando o Chinatown de Honiara foi saqueado.[23][24] A maioría dos manifestantes procedían da Provincia de Malaita.[25][26]
Illas Salomón é unha monarquía parlamentaria. Algúns dos problemas que ten o país son a corrupción, o déficit gobernamental, deforestación e control da malaria.
Os exploradores e os misioneiros que visitaron as Illas Salomón desde o século XVI en diante, foron rexeitados polas poboacións hostís e caníbales co resultado que o arquipélago foi colonizado cerca do final do século XIX, cando se converteu nun protectorado británico en 1893 (como resposta á competencia alemá e francesa).
As tradicións guerreiras dos melanesios persistiron un pouco acougadas baixo o protectorado ata a invasión xaponesa en 1942. Isto foi seguido por unha batalla sanguenta de seis meses gañada polos americanos en 1943. Sesenta e sete barcos de guerra afundíronse, os xaponeses perderon 40.000 homes e os americanos 7.000. A capital Tulagi, a cal fora destruída durante a guerra, foi substituída por Honiara na illa de Guadalcanal onde os americanos construíran unha base militar.
Logo da guerra, os insulares da illa Malaita fixeron coñecer o seu desexo de autonomía, os británicos introduciron asembleas rexionais e eventualmente estableceron un Consello Gobernativo en 1970. Finalmente concedéuselles a independencia en 1978. Desde entón, o país foi dirixido máis ou menos correctamente a pesar das fortes rivalidades entre as illas.
As Illas Salomón divídense en 9 provincias e un territorio capital. Para o goberno local, o país divídese en dez áreas administrativas, das cales nove son provincias administradas por asembleas provinciais electas e a décima é a capital Honiara, administrada polo Concello de Honiara.
As illas Santa Cruz, ao norte de Vanuatu están particularmente illadas, a máis de 200 quilómetros das outras illas. Os volcáns, de graos variables de actividade, están situados nalgunhas das illas máis grandes, mentres que varias das illas máis pequenas simplemente son atois minúsculos cubertos de area e cocos.
A maioría da poboación depende da agricultura, a pesca, e a silvicultura para polo menos parte do seu sustento. A maioría dos produtos manufacturados e o petróleo débense importar. As illas son ricas en materias primas minerais tales como chumbo, cinc, níquel, e ouro. Os problemas económicos no Sueste Asiático levaron a unha diminución brusca da industria madeireira, e a produción económica diminuíu preto dun 10% en 1998. O Goberno instituíu reducións de salario no servizo público e doutros sectores. A economía recuperouse parcialmente en 1999, grazas á subida dos prezos do ouro no mercado mundial e o primeiro ano completo de explotación da mina Gold Ridge. Con todo, a mediados de ano o peche da maior plantación de aceite de palma do país lanzou unha sombra sobre as perspectivas de futuro. A desastrosa situación política non facilita o crecemento económico.
Demografía
De acordo coas cifras de 2006 a poboación maioritaria nas Illas Salomón ten etnia Melanesia (94,5%), Polinesia (3%) e Micronesia (1,2%) son os dous grupos seguintes significativos na súa composición.
Na cultura tradicional das Illas Salomón, os costumes tradicionais transmítense dunha xeración á seguinte, supostamente a través dos espíritos ancestrais, para formar os valores culturais das Illas Salomón.
A relixión das Illas Salomón componse dun 96% de cristiáns (anglicanos 45%, católicos romanos 18%, Unión 12%, bautistas 10%, Adventistas do Sétimo Día 7%, Outros cristiáns 4%) e ao redor dun 4% de crentes de relixións indíxenas.
↑HOGBIN, H. In, Experiments in Civilization: The Effects of European Culture on a Native Community of the Solomon Islands, New York: Schocken Books, 1970
↑‘International Encyclopedia of Comparative Law: Instalment 37’ edited by K. Zweigert, S-65
↑The British Solomon Islands Protectorate (Name of Territory) Order 1975
↑John Prados, Islands of Destiny, Dutton Caliber, 2012, p,20 and passim
↑John Houainamo Naitoro, Solomon Islands conflict: demands for historical rectification and restorative justice., 2000, Asia Pacific Press at the Australian National University.[1]Arquivado 21 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
↑Andrews, Karen (25 de novembro de 2021). "Joint media release - Solomon Islands" (Nota de prensa). Canberra: Australian Government. Consultado o 26 de novembro de 2021.