Iseu[1] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é un nome literario, derivado da lenda céltica de Tristán e Iseu, que forma parte do ciclo do rei Artur. É probable que proveña do galés medieval Essylt, que quere dicir ‘fermosa’.[1] En galego tamén ten a variante Isolda, forma latinizada popularizada pola ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde (1865).
En xaneiro de 2023, non había en Galicia persoas rexistradas cos nomes Iseu ou Isolda.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos