Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Josefa Escourido Cobo

Modelo:BiografíaJosefa Escourido Cobo
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1910 Editar o valor en Wikidata
Atián, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Silán, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, xornaleira Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBenedicto Escourido Cobo Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2222

Josefa Escourido Cobo, coñecida como Xosefa da Lúa, nada en Atián (Miñotos, Ourol) o 29 de marzo de 1910 e finada en Silán (Muras) o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria

Traballaba como xornaleira. Enlace da guerrilla. Trala caída do seu fillo Benedicto Escourido Cobo xunto con José Porto Lestegás o 2 de outubro de 1948, a Garda Civil presentouse na súa casa co fin de trasladala ao cuartel da Brigadilla de Viveiro para que declarase, mais fuxiu mentres agardaban a que se mudase de roupa. Botouse ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Celia González Pernas.[1]

Notas

  1. Cilia Torna (21 de xullo de 2014). "As mártires de Silán". Sermos Galiza. 

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya