Juan Manuel Santos Calderón, nado en Bogotá o 10 de agosto de 1951, é un político, xornalista e economista colombiano, presidente de Colombia dende o 7 de agosto de 2010 até o 7 de agosto de 2018. Logo de exercer como xornalista, introduciuse na política facéndose membro do Partido Liberal Colombiano, foi ministro de Comercio Exterior durante o goberno de César Gaviria, máis tarde fixo parte do goberno do conservador Andrés Pastrana Arango no que se desempeñou como ministro de Facenda. Pertence á familia Santos, anterior propietaria de El Tiempo. Tamén é curmán de Francisco Santos, vicepresidente de Colombia durante o goberno de Álvaro Uribe.[1]
Despois de consolidarse o goberno de Álvaro Uribe na presidencia en 2002, Santos deixou o partido liberal e foi un dos creadores do Partido Social de Unidade Nacional, foi nomeado ministro de Defensa de Colombia durante o goberno do entón presidente Álvaro Uribe dende xullo de 2006 até maio de 2009.
Logo de que a Corte Constitucional lle negara ó entón presidente Álvaro Uribe a posibilidade de ser elixido por terceira vez, Santos presentouse como o candidato do uribismo nas eleccións presidenciais de 2010; con esta plataforma foi elixido presidente de Colombia para o período 2010-2014, con máis de nove millóns de votos, a votación máis alta na historia electoral do país. Tomou posesión como presidente o 7 de agosto de 2010. O 15 de xuño de 2014 foi reelixido presidente para o período 2014-2018.[2] O 7 de outubro de 2016, foi distinguido co Premio Nobel da Paz polo seu intento de chegar a un acordo coas FARC, malia o plebiscito infrutuoso.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1901–1925 | |
---|
1926–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001– | |
---|