Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Lista de períodos arqueolóxicos

Esta páxina ofrece unha lista das principais divisións por continente e rexión. Os nomes dos períodos arqueolóxicos varían enormemente de rexión a rexión. Tamén a datación varía considerabelmente e as datas que se dan son aproximacións bastas sobre áreas moi amplas.

O sistema das tres idades tivo tanto éxito que se ten empregado en moitas áreas. Describe os períodos prehistóricos identificados pola fabricación e uso de ferramentas: Idade da Pedra, Idade de Bronce e Idade de Ferro. Dado que estas idades se distinguen polo desenvolvemento da tecnoloxía, resulta natural que as datas ás que se refiren varíen nas diferentes partes do mundo. En moitas rexións xa non se emprega o termo Idade da Pedra, xa que se ten substituído por períodos xeolóxicos máis específicos. Nalgúns rexións tense incluído un período calcolítico intermedio entre a Idade da Pedra e a Idade de Bronce. Para as culturas nas que as ferramentas de metal indíxenas tiñan un uso moi restrinxido téñense inventado outras clasificacións, como etapa lítica, etapa arcaica ou etapa formativa.

Os períodos históricos refírense a períodos do desenvolvemento humano posteriores á invención da escrita. Os rexistros históricos, en calquera das súas formas, tenden a fornecer unha visión máis política das nacións dominantes, o que permite unha categorización de acordo cos imperios e culturas predominantes, como helenístico, Roma antiga, viquingos etc. É inevitábel que estas definicións dos períodos só teñan relevancia na rexión dese imperio ou cultura.

A Idade Industrial ou Idade Contemporánea, faise comezar normalmente a finaisdo século XVIII. A Revolución Industrial, que comezou en Europa Occidental, conduciu ao comercio internacional e aos imperios globais.

Continentes Rexións Principais Períodos
África Norte de África Paleolítico

Epipaleolítico
Neolítico c7500 aC
Idade de Ferro
Roma antiga

África sub-sahariana Idade da Pedra Inferior

Idade da Pedra Media
Idade da Pedra Superior
Neolítico c4000 aC

Asia Próximo Oriente Idade da Pedra (2,000,000 aC - 3300 aC)

Idade de Bronce (3300 aC - 1200 aC)
Idade de Ferro (1200 aC - 586 aC)
Períodos históricos (586 aC - presente)

Sul de Asia
Leste de Asia Neolítico c. 6000 aC
Norte de Asia
Corea Paleolítico c. 40,000/30,000 - c. 8,000 aC

Período da cerámica Jeulmun c. 8,000 BC - 1500 aC
Período da cerámica Mumun c. 1500 BC - 300 ac
Período protohistórico c. 300 aC - 300/400 dC
Tres Reinos de Corea c. dC 300/400 - 668 dC

Xapón Paleolítico c. 100,000 - c. 10,000 aC

Período Jomon c. 10,000 BC - 300 aC
Período Yayoi c 300 aC - 250 aC
Período Yamato c. 250 aC - 710 aC

América América do Norte Lítico/Paleo-India (pre 8000 BC)

Arcaica (c. 8000-1000 BC)
Formativa (c. 1000 BC - AD 500)
Clásica (c. AD 500 - 1200)
Post-Clásica (c.1200 - 1900)

Mesoamérica Lítico/Paleo-India (pre 8000 BC)

Arcaica (c. 8000-1000 BC)
Formativa (c. 1000 BC - AD 250)
Clásica ( AD 250 - 900)
Post-Clásica (AD 900 -1515)

Suramérica Lítico/Paleo-India (pre c. 8200 BC)

Arcaica (c. 8200 - 1000 BC)
Formativa (c. 1000 BC - AD 500)
Clásica( c. AD 500 - 1200)
Post-Clásica (c. AD 1200 - 1900)

Oceanía Australia
Nova Zelandia Período arcaico (1000 dC - 1350/1650)

Período clásico (1350-1800 dC) ou (1650-1800 no leste da Illa do Sul)

Oceanía
Europa Europa do Norte Mesolítico

Neolítico
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Idade de Ferro romana (c. 1 dC - 400)
Idade de Ferro xermánica (c. 400- 800)
Idade dos viquingos (c. 800 - 1066)
Baixa Idade Media (1066 - c. 1500)
Período post-medieval (c. 1500 - c. 1800)
Idade Contemporánea

Europa Occidental Paleolítico

Mesolítico
Neolítico
Idade de Ferro
Roma antiga
Alta Idade Media (c. AD 400- 800)
Baixa Idade Media (800 - c. 1500)
Período post-medieval (c. 1500 - c. 1800)
Idade Contemporánea

Balcáns Paleolítico

Epipaleolítico
Neolítico
Calcolítico
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Helenismo
Roma antiga
Período bizantizo

Kembali kehalaman sebelumnya