Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Loretta Martin

Loretta Martin
concerto en Compostela, 03-04-2008
OrixeA Coruña, Galicia
Período2002 - actualidade
Xénero(s)Rock, Funk
Selo(s) discográfico(s)Falcatruada
MembrosBrais Morán, Fran Sanz, Miguel Cabana
Antigos membrosAlberto López, Raquel de Ana, Pablo Nistal, Ion Rivero, Iago Otero
Na rede
www.lorettamartin.net
MySpace: lorettamartin Musicbrainz: 80ba48a9-09a5-46dd-8e74-e245d307039d Songkick: 438869 Editar o valor en Wikidata

Loretta Martin é un grupo de música coruñés formado no ano 2002, como un proxecto musical que pretendía desenvolver un estilo próximo ao rock e ao blues, tendo como principais influencias a bandas anglófonas dos sesenta e setenta como os Rolling Stones, Steve Miller Band ou os Beatles. Toma o seu nome dun personaxe da canción "Get Back" deste último grupo.

Traxectoria

No ano 2003, coa incorporación de novos membros, a banda vai abrindo o abano das súas referencias e comeza a experimentar sons máis próximos ao funk e ás músicas do Brasil, sendo Lenine, Zuco 103, Jamiroquai, -123min, Fundación Tony Manero ou Seu Jorge algúns dos referentes máis recoñecibles.

No ano 2004 gravan dúas cancións para o recompilatorio "Campus Sons" despois de ser os segundos clasificados do concurso co mesmo nome no 2003. A finais dese ano, a banda sofre importantes cambios, coa saída dalgúns membros e a incorporación do batería Iago Otero. A partir dese momento, a actividade do grupo aumenta notablemente e antes de rematar o ano gravan e autoeditan a súa segunda maqueta (a primeira, gravada no 2003, non chegou a ser editada nunca) que inclúe tres cancións; as 500 unidades fabricadas remátanse en tan so tres meses.

No ano 2006, despois dun 2005 moi intenso no tocante ao directo, gravan e dan á luz o seu primeiro traballo: Paraiso distante, autoproducido por eles mesmos e editado posteriormente por Falcatruada a comezos de 2007. Despois da gravación, coincidindo coa edición do disco, Ion Rivero, sae da banda, co que a formación reducirase a Brais Morán (voz e guitarra), Fran Sanz (baixo) e Iago Otero (batería).

Nos meses entre a gravación e a saída do disco a actividade de directo, xestionada pola propia banda, aumentou notablemente, marcando unha tendencia ascendente e constante que se manterá durante os dous anos seguintes. Pronto superan os cen concertos, tendo percorrido toda Galiza e facendo incursións en Cataluña e Portugal. Tamén foron o abreconcertos da Fundación Tony Manero na súa xira galega de celebración do seu décimo aniversario (e quinto de Loretta Martin) e compartiron palco con bandas como Ruxe Ruxe, Lamatumbá, Super Furry Animals, The Homens, Terrakota, Narf, Marful, Los Suaves ou Safari Orquestra.

A finais de 2008 Iago Otero abandona a banda e pouco tempo despois fai o mesmo Fran Sanz, membro fundador xunto con Brais Morán, co que levaba tocando desde o ano 1999.

A comezos de 2010 o grupo reúnese de novo, desta volta con Miguel Cabana á batería. Un ano despois, en febreiro de 2011, gravan nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero en Friol o que será o seu novo disco, "Despois da Mandinga" e que verá a luz en marzo de 2012.

Discografía

  1. "As cores do solpor"
  2. "Experiencias"
  3. "De repente"
  4. "Paraíso distante"
  5. "Waikiki"
  6. "Modus vivendi"
  7. "Diva"
  8. "Sombras"
  9. "Non somos nada"
  10. "Agora"
  11. "Todo o que nos fai pensar"
  12. "Dende as terras do leste"
  • Despois da Mandinga (Autoedita,2012).
  1. "Formas"
  2. "Saio só"
  3. "Déixate levar"
  4. "Apple Tea"
  5. "Vida"
  6. "Quen"

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya