Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Mary Anning

Modelo:BiografíaMary Anning

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1799 Editar o valor en Wikidata
Lyme Regis (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 1847 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Lyme Regis (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa congregacional e anglicanismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPaleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpaleontóloga, trader of naturalia (en) Traducir, coleccionista de fósiles Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, first supplement (en) Traducir
Obálky knih,
Pioneers of Science and Technology (en) Traducir, (p.9-12) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4899627 WikiTree: Anning-68 Find a Grave: 34949489 Editar o valor en Wikidata

Mary Anning, nada o 21 de maio de 1799 en Lyme Regis (West Dorset) e finada o 9 de marzo de 1847, foi unha paleontóloga e colleitadora de fósiles inglesa.

Traxectoria

Anning naceu na vila de Lyme Regis. O seu pai era ebanista e complementaba os seus ingresos cavando nos acantilados cheos de fósiles preto da vila e vendendo despois o que atopaba ós turistas. A súa nai era Mary Moore, e a parella tivo dez fillos.[1], mais só dous chegaron a adultos, Mary e Joseph[2].

O 19 de agosto de 1800, cando tiña quince meses, sobreviviu a un raio que matou outras tres mulleres. Tivo unha educación moi limitada, asistiu á escola dominical da igrexa congregacionista, onde lle aprenderon a ler e escribir. Ó morrer de tuberculose no 1810, a familia quedou sen soporte, e Mary comezou a recoller fósiles a tempo total para gañar cartos. A comezos do século XIX, coleccionar fósiles estaba de moda; primeiro como pasatempo, pero pouco a pouco foise transformando nunha ciencia ó incrementarse a importancia dos fósiles en bioloxía e xeoloxía. Ese mesmo camiño seguiu Anning, decantándose cada vez máis cara a aspectos científicos, a partir do descubrimento casual dun esqueleto completo de ictiosauro, o primeiro de que se ten constancia, o que fixo ós 12 anos.

Foi ese descubrimento o que levou a un mecenas a axudar ós Anning e permitir que Mary construíra a súa propia colección de fósiles, desenterrando o primeiro esqueleto de plesiosauro no 1821, e no 1828 o primeiro fósil de pterodáctilo fóra de Alemaña, completando así os seus grandes descubrimentos, que foron acompañados doutros moitos menores, o que lle valeu que a Asociación Británica para o Avance da Ciencia lle pasara unha asignación anual, así como que a Sociedade xeolóxica de Londres a fixera membro honorario pouco tempo antes da súa morte por cancro. Dáse a circunstancia que este derradeiro recoñecemento foi a título honorario debido a que, pola súa condición feminina, non podía ser membro de condición xeral.

A súa actividade asentou a base para a idea da extinción das especies, en particular os tres grandes esqueletos mencionados.

Galería

Notas

  1. Goodhue, Thomas W. (2002), Curious Bones: Mary Anning and the Birth of Paleontology, p. 10
  2. Emling, Shelley (2009), The Fossil Hunter: Dinosaurs, Evolution, and the Woman whose Discoveries Changed the World Palgrove Macmillan, pp. 11-14

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya