Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Miguel Mosqueira

Modelo:BiografíaMiguel Mosqueira
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, músico, mestre Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX5635012

Miguel Mosquera Fociños, coñecido como Miguel Mosqueira, nado en Lalín en 1982,[1] é un filólogo, profesor e músico galego.

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de Lingua e literatura galega no ensino medio. Foi un dos fundadores e é guitarrista do grupo Ataque Escampe. En 2007 gañou a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo polo artigo "Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades".[2]

Obras

  • Sira e o robot. Adventures on Titan (con Mark Wiersma), 2015.[3]
  • Relatos americanos (con Roi Vidal e Samuel Solleiro), 2015, Ataque Escampe.

Notas

  1. "O problema do rock en galego é a promoción" en La Voz de Galicia, 16-3-2012, p. L2.
  2. "Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende gañan a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo", Literactúa, 11 de maio de 2007.
  3. "Miguel Mosqueira". hablamosdelibros.es. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya