Samuel Solleiro González, nado en Tui o 7 de xuño de 1982, é un escritor, tradutor e músico galego.
Traxectoria
Escritor desde moi novo, ten publicados varios libros de narrativa breve e poesía, ademais de textos dispersos en diferentes publicacións (entre elas, Grial, Boletín Galego de Literatura ou El País Galicia, así como unha escolma traducida do poeta catalán Enric Casasses na revista Dorna). Publicou traballos de crítica literaria no extinto Cartafol de libros de Vieiros entre 2005 e 2007 e no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos a partir de 2008.