Michael Joseph "Mike" Farrell, nado en Saint Paul (Minnesota) o 6 de febreiro de 1939, é un actor, produtor e activista estadounidense.
Traxectoria
Como actor Farrell é coñecido como o capitán B.J. Hunnicutt da serie de televisión M*A*S*H (1975-83), foi produtor de Patch Adams (1998) protagonizado por Robin Williams, actuou na serie Providence (1999-2002) e apareceu en tres episodios de Desperate Housewives (2007-2008) e nun episodio de Law & Order: Special Victims Unit (2008).
Activismo
Como activista colaborou con Human Rights Watch, foi un dos dirixentes da organización antiseitas Cult Awareness Network durante a súa primeira, é presidente de Death Penalty Focus[1], que se opón á pena de morte. Tamén activo no sindicalismo, foi vicepresidente primeiro da sección dos Ánxeles do Screen Actors Guild.
Notas
Véxase tamén