Miss Ledyia ou Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916. Foi dirixido por Xosé Gil y Gil, con guión de Rafael López de Haro, e ten unha duración de 20 minutos.
Argumento
A historia, moi influída polos seriais cinematográficos de Louis Feuillade, moi de moda daquela, narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledyia Katson e o seu tío millonario dende os Estados Unidos e a súa estadía na Illa da Toxa. Alí coinciden cos reis de Suavia que se encontran de incógnito e que están ameazados pola chegada tamén dun anarquista, que pretende realizar un atentado, nunha clara referencia ao atentado de Saraxevo que desencadeou a primeira guerra mundial.