Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Monte Xalo

Modelo:Xeografía físicaMonte Xalo
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°14′N 8°25′O / 43.23, -8.41

O monte Xalo é unha das zonas máis elevadas do litoral coruñés, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar.

Localización

Neve no monte Xalo.

O Xalo é un aranguelo[1] que se estende tres quilómetros en sentido leste-oeste, dende Carral ata A Laracha, polo límite entre os concellos de Culleredo e Cerceda. Está aliñado coas chamadas mesetas de Santa Comba e de Tordoia —das que queda ao nordeste[2]— e a súa vertente setentrional configúrase como un chanzo que salva o desnivel coas Mariñas da Coruña. Precisamente, dende O Petón —unhas rochas no máis alto do monte— pódese gozar dunha panorámica da comarca e albiscar lugares como a central elécrica de Sabón, o porto exterior da Coruña, o aeroporto de Alvedro ou a Torre de Hércules, alén de todo o val de Veiga, que está ao pé.

Deporte

No monte hai varias rotas de sendeirismo sinalizadas. As pistas forestais empréganse para deportes como ciclismo de montaña e carreiras. No alto do Petón as rochas están equipadas para a práctica de escalada.

Arqueoloxía

Medoña do Chan de Castelo no Monte Xalo, Culleredo.

En 1950 o arqueólogo Luís Monteagudo atopou varias mámoas de gran tamaño, que foron destruídas ao longo dos anos posteriores, e en 1973 outras máis pequenas que aínda se conservan.[3]

Aproveitamento do monte

Ademais do aproveitamento forestal que se está a a facer do monte, polas inmediacións do Xalo pasa un oleoduto cara a Cerceda e liñas eléctricas de alta tensión da subestación eléctrica das Travesas. No cumio tamén hai instaladas antenas de radio, televisión, telefonía móbil e telecomunicacións en xeral.

Existiu un proxecto para instalar un parque eólico de dez muíños e 45 megawatts[4] que sería o de maior potencia de Galicia. A proposta foi finalmente desbotada por Aena por comprometer a seguridade da aviación no aeroporto da Coruña[5].

Notas

  1. "Definición da palabra aranguelo". academia.gal. Consultado o 2020-11-30. 
  2. Valcarlos, Pagés; L, J.; Romaní, Vidal; Ramón, Juan (1997). "La extremidad occidental de la superficie fundamental de Galicia: La Meseta de Santa Comba". ISSN 0213-4497. Consultado o 2017-08-13. 
  3. Concello de Culleredo (eds.). "Monte Xalo". 
  4. "Resolución do DOG nº 170 do 2012/9/6 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-11-30. 
  5. gallego, El Ideal. "AENA bloquea la instalación de un parque eólico en el monte Xalo por seguridad para el aeropuerto". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-11-30. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya