En arquitectura chámase nicho ou fornela ao oco de planta semicircular aberto nun muro para colocar nel unha urna ou estatua. Colócase orientada tanto ao exterior como ao interior dos edificios e cumpre unha función principalmente ornamental.
O nicho leva xeralmente na parte superior unha especie de pendente ou cuncha (semibóveda) que tamén se chama de vieira cando efectivamente presenta a forma dunha cuncha mariña.