O Xobre, A Pobra do Caramiñal
Santa María do Xobre[2] ou Santa María do Maño[3][4] é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.
Patrimonio
O Xobre na literatura popular
- Campiniño, Campiniño,/ ben te podes alabar,/ tes tres tabernas ó lado/ e bailes na sociedá [5].
- No Castelo hai boas mozas,/ no Caramiñal pardelas,/ no Maño son pequeniñas,/ no Campiño a frol delas [6]
- Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [7].
- Viva O Maño, viva O Maño,/ que é terra de moito pan,/ o forno da miña sogra/ bota uvas polo vran [8].
Lugares e parroquias
Lugares do Xobre ou O Maño
Parroquias da Pobra do Caramiñal
Notas
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ "DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña" (PDF). DOG (59): 3644. 25-3-2003. Consultado o 9-8-2020.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional (ed.). Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población. Entidades. Actualización 9-1-2017
- ↑ Recollida en Palmeira (Ribeira), aínda que este lugar do Campiño pertenza á parroquia estremeira do Xobre, do concello da Pobra. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: ven, tés, ô lado.
- ↑ Recollida na Pobra do Caramiñal. O Campiño é un lugar da parroquia do Maño (ou O Xobre), na Pobra, concello ó que tamén pertence a parroquia do Castelo (ou Santiago do Deán). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 171.
- ↑ No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
- ↑ No texto: pol-o. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 195.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|