San Martiño de Ombreiro é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 144 habitantes, deles 74 eran homes e 70 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
Amais da igrexa parroquial[2] na parroquia están os restos da torre de Riazón,[3] declarada Ben de Interese Cultural (con id. RI-51-0008908) o 17 de outubro do ano 1994, e a capela de San Roque.[4] Na Casa de Parada ou Casa de Gonday estaba establecida a familia de Gómez Núñez de Gaioso Prado, e en 1817 Fernando VII concedeulle ao seu descendente José María de Prado y Neira o marquesado de San Martiño.[5]
Galería de imaxes
-
Igrexa parroquial.
-
Torre de Riazón.
-
Capela de S. Roque de Riazón.
-
Igrexa parroquial.
-
Parte posterior.
-
Cruceiro de Riazón.
-
Penas en Ombreiro.
-
Petróglifo de compás, dirección norte-sur.
-
Petróglifo de compás, dirección nordeste-suroeste.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Ombreiro
Parroquias de Lugo
Véxase tamén
Outros artigos