O Pazo de Donfreán é unha casa señorial situada no lugar de Donfreán, na parroquia de Catasós (Lalín) construída en estilo barroco a mediados do século XVIII. O edificio, con planta en forma de U, componse de tres corpos unidos, destacando o portalón de arco de medio punto que serve de abertura ao muro que cerra o edificio.
A parroquia de Donfreán era antiga propiedade da familia dos Taboada, en 1625 pasou a Gómez Oxea de Albán (o novo) e posteriormente por entronque familiar á familia dos Montenegro.
Véxase tamén
Outros artigos