O pazo de Torres Agrelo é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.[1]
Descrición
A súa construción data do ano 1750. O edificio principal do pazo é rectangular con dúas almenaras en cada extremo. No seu interior, destacan a existencia de azulexos de Triana, unha escaleira central de madeira de castiñeiro e varias fiestras de vidro policromado.[2]
Foi empregado coma hospital para o exército xermano durante a segunda guerra mundial e coma refuxio durante a guerra civil española, e por este motivo conserva restos de pasaxes subterráneas.
Na actualidade emprégase para fins de restauración e hostalaría.
Árbores senlleiras
As camelias das especies Camellia sasanqua e Camellia japonica dos xardíns do pazo figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia, ao igual que a tuia xigante.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas