Pedro Morandeira Rico, finado en Begonte o 16 de xaneiro de 1954,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi vocal da Cámara Agrícola de Lugo. Concelleiro en Lugo dende 1897, logo da renuncia de Manuel Pardo de la Vega foi nomeado alcalde de Lugo en abril de 1901. Dimitiu en novembro de 1902. Foi alcalde de Begonte ao rematar a ditadura de Primo de Rivera.[2]
Vida persoal
Casou en Vilalba con Benigna García Montero en 1907.[3]
Notas
- ↑ El Progreso,16-1-1955, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 12-11-1930, p. 5.
- ↑ Coruña Moderna, 22-9-1907, p. 8.
|
---|
Restauración | | |
---|
Segunda República | |
---|
Franquismo | |
---|
Democracia | |
---|