Ramón Iglesias Camino, nado en 1840 e finado en Lugo en agosto de 1933,[1] foi un profesor, xornalista e político galego.
Traxectoria
Catedrático de Matemáticas do Instituto de Lugo, foi secretario do Instituto de 1887 a 1918. Colaborou na prensa lucense e foi director de El Eco de Galicia. Concelleiro en Lugo, foi alcalde da cidade entre 1895 e 1897. Xubilouse como catedrático en 1918.
Vida persoal
Casou con Presentación López López.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-8-1933, p. 11.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Los catedráticos neocatólicos de la Restauración: 1862-1902", La Voz de Galicia, Lugo, 10-1-2018, p. 14.
|
---|
Restauración | | |
---|
Segunda República | |
---|
Franquismo | |
---|
Democracia | |
---|