Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Pobo frisón

Pobo frisón
Estatua de Pier Gerlofs Donia, combatente pola liberdade frisoa coñecido como "O último rei de todos os frisóns"
Poboación
Poboación total:
c  1 500 00
Rexións principais:
Países Baixos Países BaixosFrisia, Provincia de Groninga
Alemaña AlemañaFrisia oriental, Saterland e Frisia setentrional
Aspectos culturais
LinguaFrisón, neerlandés, alemán
RelixiónCristianismo (calvinismo e luteranismo) minorías católicas
Grupos
relacionados
Outros pobos xermánicos

Os frisóns[1] son un pobo xermánico nativo das zonas costeiras dos Países Baixos e Alemaña.[2][3] Habitan nas áreas coñecidas como Frisia e concéntranse nas provincias neerlandesas de Friesland e Groninga e, en Alemaña, na Frisia oriental e setentrional (que foi parte de Dinamarca até 1864).[4] A lingua frisoa aínda é falada por máis de 500 000 persoas e está recoñecida como lingua oficial nos Países Baixos e lingua rexional en Alemaña.

Historia

Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, a área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.

Os frisii en latín son mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra De Origine et situ Germanorum (c. 98). Tratábase, polo que todo indica, dun pobo de mariñeiros -o Mar do Norte, da Bretaña até o leste da Dinamarca, chamábase na época Mare Frisium. Pequenos grupos de frisios poboaron as terras ao redor do mar e atópanse trazos da colonización frisia na Inglaterra, Escocia, Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Francia e, evidentemente, nos Países Baixos.

O territorio dos frisios seguía a costa continental do Mar do Norte desde a desembocadura do Rin até a do Ems, que era a súa fronteira oriental, segundo a Geographica de Tolomeo. Plinio o Vello, rexistra na súa Belgica que aquel pobo foi conquistado polo xeneral romano Nerón Claudia Druso en -12, seguíndose diversos levantamentos relatados por Tácito, inclusive o dos bátavos. A partir de entón, a historia dos frisios tórnase escura até o contacto cos reinos merovinxio e carolinxio.

No século V, durante este período de "silencio histórico", moitos dos frisios xuntáronse á emigración dos anglosaxóns, que pasaron polo territorio frisio para despois invadiren a Gran Bretaña; os que permaneceron no continente expandíronse para o territorio recentemente desocupado polos Anglosaxóns. Por volta do fin do século VI, os frisios ocupaban a costa até a desembocadura do Weser e continuaron a expandirse no século VII, para Dorestad e até mesmo Bruxas. Esta foi a extensión máxima do territorio frisón, coñecida como a Frisia Magna.

Os frisios convertéronse ao cristianismo por imposición do Reino franco. San Wilfrid, San Willibrord e San Bonifacio participaron da evanxelización dos frisios.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frisón.
  2. Minahan, James (2000). Greenwood Publishing Group, ed. One Europe, many nations: a historical dictionary of European national groups. p. 769. ISBN 0313309841. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  3. Danver, Steven L. (10 de marzo de 2015). Routledge, ed. Native Peoples of the World: An Encyclopedia of Groups, Cultures and Contemporary Issues. p. 307. ISBN 1317464001. Frisians are a Germanic people that reside in Germany and the Netherlands 
  4. "Interfriesischer Rat / Ynterfryske Rie - Start". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2010. Consultado o 02 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya