ambas moi semellantes e de distribución noratlántica, e obxecto de activa pesca, xa que son moi apreciadas gastronomicamente
Etimoloxía
O nome latino do xénero, Pollachius, deriva do ingléspollack ou pollock, termo derivado do escocés antigo, de orixe escura, que é o nome da especie Pollachius pollachius e, por extensión, de P. virens.[5]
Características
De corpo alongado de até os 130–150 cm de lonxitude e os 10–14 kg de peso, aínda que ordinariamente vense nas lonxas espécimes de entre os 40–80 cm, ou até 1 m, e de 2 a 5 kg, co maxilar inferior que se proxecta cara a diante sobre o superior, ollos grandes, sen barbas no mento, liña lateral arqueada sobre as aletas pectorais, e aleta caudal en forma de media lúa.[6]
A coloración e parda verdosa escura polo lombo e prateada polos costados e no ventre; ambas as especies diferéncianse en que P. virens ten o dorso máis escuro, de cor que oscila entrre a negra e a verde escura, que P. pollachius, o noso coñecido abadexo, do que se distingue tamén por unha fina liña abrancazadas que percorre os flancos.
Hábitat e distribución
Viven sobre fondos rochosos, a profundidade variábel, en augas costeiras (os exemplares novos, máis preto do litoral), en grupos (os adultos só se reúnen en cardumes só na época da reprodución, de xaneiro a marzo), alimentándose basicamente de pequenos peixes (crías de muxo, xoubas, pións etc.), e tamén de crustáceos e moluscos.[6][7]
Dadas as áreas de distribución de ambas as especies, é lóxico que Pollachius pollachius estea citada en niumerosas zonas do litoral galego, desde Cornide, en 1788 (no que a cita co nome linneano de Gadus pollachius), até Rodríguez Solórzano e outros, que a sitúan sobre fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a foz do Miño até Ribadeo.[6][10]
Obviamente, P. virens, cuxa área de distribución chega polo sur até o norte de Francia, non aparece citada na bibliografía, e só se pode ver algunha vez nas lonxas galegas onde se desembarcan capturas da pesca de altura.
Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.