Entre os anos 1973 e 1995, The Big Ear foi empregado na procura de sinais de radio extraterrestres e foi o proxecto SETI máis lonxevo. En 1977 recibiu un sinal de radio do espazo profundo que se denominou Sinal Wow!. O observatorio desmantelouse en 1998 cando os terreos foron mercados á universidade para ampliar un campo de golf.