Ricardo Vidal Rodríguez, nado en Pasarela (Calo, Vimianzo) en 1950,[1] é un ex piloto de rallys e preparador de vehículos galego. Competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rally e nos anos 70 fundou o equipo de competición AR Vidal. É pai dos pilotos Amador e Ricardo Vidal e tío do copiloto Francis Lema.
Traxectoria
Comezou traballando nun taller de barcos en Cereixo aos catorce anos de idade e tras traballar noutros talleres da Coruña e estudar formación profesional como torneiro marchou a Suíza. Alí traballou en General Motors e Ford e ao pouco tempo volveu a Galicia.[1] En 1975 comezou a montar en Pasarela AR Vidal, que abriu as súas portas en xaneiro de 1976 como un taller mecánico principalmente de camións e tractores Barreiros e coches Simca e Dodge, e que se foi especializando cos anos na preparación de coches de competición, sendo da marca Peugeot os primeiros.[1][2]
Os coches preparados por Vidal gañaron o Desafío Peugeot do Campionato de España de Rallys nos anos 1994, 1995, 1996 e 1999, pilotados por Sergio Vallejo, Manuel Muniente, Miguel Fuster, e Roberto Solís respectivamente.[1] Nesa época tamén competía el mesmo, principalmente no Campionato de Galicia. Comezou cun Peugeot 205 Rallye e correu tamén cun Peugeot 309 GTI e un Peugeot 106 XSI.[3] Correu tamén no Campionato de Galicia de Autocross, rematando subcampión en 2004.
Nos anos 2000 pasou a preparar coches de Mitsubishi, como os do peruano Ramón Ferreyros ou o portugués Rui Madeira, que competiron no Campionato do Mundo con coches de AR Vidal e lograron varios podios no grupo N.[4][5] Outro dos pilotos que conduciron os coches de Vidal foi o seu fillo Amador, que gañou en 2004 o Desafío Peugeot e que se puxo á fronte do equipo tras a retirada do pai.[6] Amador gañou anos despois o Campionato de España de Rallys de Terra en dúas ocasións, mentres que o seu outro fillo, Ricardo, tamén corre en rallys.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Federación | |
---|
Rally | Competicións | |
---|
Rallys | |
---|
Pilotos | |
---|
Copilotos | |
---|
Escudarías | |
---|
|
---|
Montaña | Competicións | |
---|
Subidas | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Karting | Competicións | |
---|
Circuítos | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Autocross | Competicións | |
---|
Circuítos | José Ramón Losada — Autocross Vilaño-Laracha — Autocross Santa Comba — Autocross Xacobeo — Autocross Cerceda — Autocross O Castro |
---|
|
---|
Outros | Competicións | |
---|
Salóns | |
---|
Factorías | |
---|
Personalidades da empresa | |
---|
|
---|