O río Rabazal (en lingua portuguesa Rio Rabaçal) nace en Galicia, próximo á fronteira con Portugal, entrando neste país no concello portugués de Vinhais. No concello de Vinhais xunta as súas augas con río Mente, que actúa como fronteira natural entre España e Portugal. Está represado en Rebordelo, no extremo sur de Vinhais, antes de entrar no concello de Valpaços, e proseguir o seu curso ata a confluencia con río Tuela a Norte de Mirandela para unirse ó río Tua.