Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Río Támese

Modelo:Xeografía físicaRío Támese
(en) Thames Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial110 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaGloucestershire, Reino Unido (en) Traducir, Wiltshire, Reino Unido, Oxfordshire, Reino Unido, Berkshire, Reino Unido, Buckinghamshire, Reino Unido, Surrey, Reino Unido, Essex, Reino Unido, Kent, Reino Unido e Gran Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónKemble (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaKent, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónThames Estuary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraMar do Norte Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°41′40″N 2°01′47″O / 51.6944, -2.0297
51°30′N 0°37′L / 51.5, 0.61
Composto por
The Isis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Afluentes
42
Características
Dimensións334 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica15.300 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal65,8 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5046795
O río Támese ao paso por Londres.

O río Támese[1][2] ou río Támesis[3][4][5][6] (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.

Etimoloxía

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura"[7] que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega., Tameiga en Mos.

Curso

As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.[Cómpre referencia]

Historia

Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.[Cómpre referencia]

O Támese xeado (1677).

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.[Cómpre referencia]

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.[Cómpre referencia]

A regata Oxford-Cambridge

O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.[Cómpre referencia]

Notas

  1. Fernández Salgado, B. (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, páx. 1138. Galaxia. ISBN 978-84-8288-752-4
  2. Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2000. : "Támese (Thames) Río de Gran Gretaña..."
  3. Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 482. ISBN 84-7680-288-9. : "Támesis [ing:Thames] Río más importante de Inglaterra..."
  4. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. Támesis, R.: páxinas 136 (B1) e 138 (D3). ISBN 978-84-8289-328-0.
  5. Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 10. ISBN 84-7680-429-6. : "Támesis [ingl: Thames] Principal río de Inglaterra..."
  6. Rosón Porto, Gabriel e Varela, Ramiro, Manual de oceanografía física descritiva, UVigo, 2002.
  7. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya